Skip to Content

Servizos mínimos para a folga de 8 de marzo

Diversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga xeral para o 8 de marzo de 2021, que afectará todas as actividades e centros de traballo e que se vai desenvolver desde as 0h00 horas de 8 de marzo até as 24h00 do mesmo día. 

Perante esta convocatoria, e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, estabelécense uns servizos mínimos para garantirmos a atención, a vixilancia e o coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.

As persoas designadas para o cumprimento dos servizos mínimos determinados pola Consellaría de Educación, seguindo os criterios do Servizo Territorial de Inspección Educativa son:

DIRECCIÓN DO CENTRO

- Ana María Bueno Lema, vicedirectora.

- Jesús López Silva, secretario.

- Beatriz Lloret Ares, xefa de estudos.

RESTO DO PROFESORADO

Víctor González Zúñiga, Modesto Fontán Ocampo, Juan Carlos Montejano Rivas, José María Barca López, Jaime Manuel Oviedo Braña, Bienvenido Neo Vázquez, Yago Otero Bello, Felisindo Álvarez Ucha, Manuel Villar Touceda, Samuel Helamán Serrano Fernández, José Luis Martínez Bestilleiro, Manuel Cuervo Soto, Xosé Francisco Godón Davila, Justo Pastor Gutiérrez de las Heras, Fernando Regueira Veiga, Francisco Alvar López, Ismael Pan Sande, Antonio Mirás Miranda, Raúl Gómez Pato, Daniel Loureiro Varela, José Luis García Rivas, Francisco Javier Hermida Liñeira, Alberto Neira Diéguez, Francisco Rama Rama, Miguel López Ameneiros, Luciano Rodríguez Arribas e Daniel Chenlo Padín, 

ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

- Óscar Manuel Suárez Romarís.

Prazo solicitude de admisión curso 2021-2022 do 1 ao 22 de marzo

ADMISION ALUMNADO ( ESO- BACHARELATO)

 CURSO: 2021/2022

Normativa - Decreto 254/2012, do 13 de decembro, regulado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, desenvolvido pola Orde do 12 de marzo de 2013.

PRAZO ORDINARIO1 ó 22  de marzo de 2021

 Listaxe provisional admitidos:  antes do 26 de abril/2021

Listaxe definitiva admitidosantes do 18 de maio/2021

 NOTA INFORMATIVA

  • A solicitude, axustada ao modelo oficial anexo II, SERÁ ÚNICA e presentarase no centro que se solicita no primeiro lugar.

  • Calquera infracción ao respecto dará lugar á perda de todos os dereitos de prioridade que lles poideran corresponder.

  • O alumno que presente solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe.

  • O alumnado que tendo reserva neste centro, presente solicitude de admisión noutro distinto deberá renunciar por escrito á reserva ante do inicio do prazo de presentación.

 

Logo gañador do concurso "escolla logo da Biblioteca"

Logo gañador da Biblioteca

Xa temos o logo gañador para a Biblioteca do noso centro. Cun total de 36 votos, a imaxe que acompaña esta nova, é a ilustración gañadora do concurso que se mantivo aberto durante todo  o mes de febreiro. A alumna Rosalía Muíño Cotón de 3º ESO A foi a gañadora e será obsequiada cun vale por valor 30 euros para consumir na nosa cafetaría. Noraboa á gañadora e grazas a todo o alumnado que participou neste concurso.

Tamén queremos recordar que o venres 5 de marzo acaba o prazo para presentar as fotografías ao concurso “Nós, as mulleres”. No ficheiro anexado a esta nova pódense consultar as bases deste concurso.

 

Último día do prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Superior

probas de acceso CS 2021

Lembramos que o mércores 3 de marzo finaliza o prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Superior que comezara o pasado 18 de febreiro.

Tamén queremos recordar que o prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Medio será do 15 ao 26 de marzo.

Para máis información sobre estas probas (prazos, datas de exames, temarios, probas de anos anteriores...) no enlace á páxina xunta fp/probas ou premendo na imaxe.

Concurso: As Mulleres Filósofas

As mulleres filósofas 2021

O departamento de Filosofía convoca, un ano máis, o concurso "As Mulleres Fiflósofas", coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional da Muller". En palabras do profesor responsable do concurso, Víctor González Zúñiga: "de novo chega ao IES de Valga, o celebérrimo concurso sobre as MULLERES FILÓSOFAS. Non é novo, xa ten percorrido os mellores escenarios en televisións de medio mundo, da África Austral ao Polo Norte, das televisións de Miami a Tele 5 en España. Non hai concurso con máis recoñecementos, máis aínda que o SABER E GAÑAR de Jordi Hurtado, que aínda pode desfrutarse na 2 da TVE. Tras arduas negociacións coa vicedirección, o departamento de Filosofía, organizador, conseguiu "arrancarlle" suculentos premios, para o corpo e para o espírito, como di o lema do Día Mundial da Filosofía, para quen resolva o encrucillado.
Toda a información na Aula Virtual da Biblioteca. Outros concursos, igual de interesantes, están alí tamén en marcha. Participade, participade...."
Animamos a todo o alumnado a participar na resolución do encrucillado e, de paso, aprender sobre a vida e obra dalgunhas das mulleres máis representativas da Historia da Filosofía.

Distribuir contido


by Dr. Radut