Skip to Content

Charla-coloquio coa cineasta Xiana do Teixeiro

Charla-coloquio coa cineasta Xiana do Teixeiro

Como actividade final á conmemoración do Día internacional da Muller, o venres 12 de marzo o alumnado de 3º e 4º ESO tivo un encontro coa directora de cine Xiana do Teixeiro para falar sobre o seu documentalTódalas mulleres que coñezo”. Antes desta charla-coloquio, o alumnado puido asistir á proxección desta obra cinematográfica onde mulleres de tres xeracións distintas falan e comparten  as súas impresións sobre a desigualdade de xénero. Moitas grazas a Xiana Teixeiro pola realización deste documental sensible con esta desigualdade social e pola súa presenza no noso centro.

Charla-coloquio coa cineasta Xiana do Teixeiro

 

Entrega de premios dos distintos concursos convocados este trimestre

No segundo recreo do venres 12 de marzo e na Biblioteca do noso centro, tivo lugar a entrega dos premios ao alumnado participante nos distintos concursos que se convocaron neste trimestre.

O profesor de Filosofía e coordinador dos clubes de lectura do IES Valga, Víctor González foi o encargado de dar os premios do concurso "As mulleres filósofas" a Ana Castoagudín de 1º ESO C e a Samuel Rial Maneiro de 4º ESO (recolleu o premio, no seu nome, Julia Fariña).

1º premio concurso "asmulleresfilosofas"

premio as mulleres filósofas

A coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Dulce Serramo fixo entrega dos premios aos concursos "Nós, as mulleres": Leyre Domínguez e Helena Castaño de 1º ESO; e o de fotografía "O recuncho dos avós": Raúl García, Alfonso Álvarez de 2º Bacharelato, Hugo Loureiro Varela de 2º ESO e Nerea Pena Álvarez, Ángela Costa Suárez e Irati Lorenzo Bello de 1º ESO.

Gañadoras concurso "Nós, as mulleres"

Gañador concurso "O recuncho dos avós"

Premiados concurso "O recuncho dos avós"

Pola súa parte, a responsable da Biblioteca, Hilda Gulías entregou o premio á gañadora do concurso de elección do logo da Biblioteca, Rosalía Muíño de 3º ESO.

Ganadora logo da Biblioteca

Resoltos os concursos convocados no noso Centro

Esta semana que conmemoramos o Día Internacional da Muller Traballadora, os departamentos de Lingua Galega e Literatura, a Biblioteca, Dinamización da Lingua Galega e Filosofía, resolveron os concursos que tiñan en marcha.

Estes son os veredictos de cada un deles:

No caso do concurso "Nós, as mulleres" resultou gañadora a fotografía presentada baixo o lema: "cando quitaremos a máscara?", da que son autoras as alumnas de 1º ESO C Leyre Domínguez Castroagudín e Helena Castaño Ordóñez

foto gañadora do concurso "Nós, as mulleres"

No concurso de fotografíaO recuncho dos avós”, convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do IES de Valga, foron gañadores:

1º premio ( vale de 30 euros e unha taza coa fotografía impresa) para o alumno de 2º Bacharelato Raúl García Piñeiro, autor da foto titulada: “No recuncho de sempre, facendo o de sempre

1º premio concurso "o recuncho dos avós"

2º premio (vale de 20 euros eunha taza coa fotografía impresa) para o alumno de 2º Bacharelato Alfonso Álvarez Constantino, autor da foto titulada: “No soliño estase mellor

2º premio concurso "o recuncho dos avós"

Ademais recibirán un accésit consistente nunha taza coa fotografía presentada impresa o alumnado:
Hugo Loureiro Varela pola súa fotografía  “Sempre recordarei este día con meus avós”; Nerea Pena  Álvarez pola foto “A praia de miña avoa”; Ángela Costa Suárez por  “Churrasco na grella os domingos” e  Irati Lorenzo Bello poa súa fotografía “Os meus avós sempre xuntos na lareira”.

Noraboa a todos eles pola súa participación.

Por último, mencionar o concurso "As mulleres filósofas", convocado polo departamento de Filosofía e que en palabras do seu profesor Víctor González Zúñiga: "Chegaron, un ano máis, e paséanse xa as mulleres filósofas polos corredores do IES de Valga. Lou Andreas Salomé, Hanna Arendt, Rosa Luxemburgo e tantas outras, ata cincuenta e dúas, mulleres, filòsofas todas elas. Mañá, venres, 12 de marzo, no segundo recreo, sobre as doce e media, as poderedes ver na entrega de premios dos concursos que, desde a biblioteca lanzamos ao espazo, virtual e físico. Vide a velas. Na foto adxunta o alumnado de 1º de bacharelato, filosofan con elas... si, con elas, non as vedes, pero están. Preguntádelle a eles, uns teñen a algunha pitagórica na cabeza, outros a Hildegarda, a mística, a Emile de Chatelet... os hai con sorte"

alumnado de 1º bacharelato no concurso "as mulleres filósofas"

Conmemoramos o 8 de marzo: Día Internacional da Muller

8 marzo: Día Interncional da Muller

Hoxe 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller e que terá a súa continuidade con actos e actividades durante toda esta semana. O corredor da planta baixa está decorado como espazo de igualdade para ambientar esta conmemoración.

Este conxunto de actividades abriuse coa lectura por parte dun grupo de profesoras e profesores dun manifesto para declarar o noso centro como espazo libre de machismo, e que será levado ao Claustro do profesorado e ao Consello Escolar do centro.

Ademais comezou a proxectarse nos recreos, nese mesmo corredor, imaxes, música unido á declaración de espazo libre de machismo. Alí tamén se poderá ollar a exposición de  traballos do concurso “Nós, as mulleres”.

Nas aulas haberá diferentes concursos: “As Mulleres Filósofas”, “Quen é ela?”: concurso mulleres científicas ou a proxección de  curtas e outras actividades ao redor da igualdade.

Para finalizar a semana teremos con nós á directora de cine Xiana do Teixeiro para visionar e conversar arredor do seu filme  ”Tódalas mulleres que coñezo”.

Colaboran coa Videdirección, para que todo isto sexa posible, distintos departamentos como o de Orientación, Plástica e Visual, Filosofía, Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Galega, Física e Química ou Lingua Castelá.

Manifesto espazo libre de machismo

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato asiste á actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”

Alumnado de 2º Bacharelato asiste a actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”

O alumnado de 2º Bacharelato na súa aula e o de  1º Bacharelato en streaming asistiu, o pasado venres 5 de marzo, á actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”, incluída dentro das charlas temáticas do programaA Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
“Stat Wars: o Imperio dos Datos” é unha idea orixinal da Universidade Carlos III de Madrid que BIOSTATNET (Rede Nacional de Bioestatística) lanzou baixo a coordinación da Universidade de Santiago de Compostela. Ambientada na coñecida saga cinematográfica Star Wars e empregando un enfoque baseado na metodoloxía “aprender-xogando”, os poñentes conseguiron o primordial obxectivo da charla: que o alumnado coñecera as múltiples utilidades da estatística, así como as súas aplicacións noutras disciplinas para a resolución de problemáticas habituais. Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación. A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas.

Alumnado de 1º Bacharelato asiste a actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”

Alumnado de 2º Bacharelato asiste a actividade: “STAT WARS: o imperio dos datos”

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut