Skip to Content

Obradoiros de Educación afectivo-sexual no IES Valga

Obradoiro Querote+ con 3º ESO A

Durante esta semana, do 22 ao 26 de marzo, temos no noso centro dous obradoiros relacionados coa educación afectivo sexual, impartidos por Paula Fernández Rico, coordinadora dos centros Quérote+, dentro dos programas de política social da área de Xuventude da Xunta de Galicia, para o alumnado de 1º FP Básica e 3º ESO, e outro a cargo de Manuel Isorna, profesor na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense da Universidade de Vigo para alumnado de 2º FP Básica, 1º Bacharelato e 4º ESO, ambos centrados no desmantelamento de mitos, estereotipos e falsas crenzas presentes na sexualidade. Estes talleres son organizados polo departamento de Orientación.

Obradoiro afectividade-sexualidade 4º ESO

 

 

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, data escollida pola UNESCO dende 1999 para, entre outros obxectivos, honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e a ensinanza da poesía. Dende a Biblioteca do noso centro queremos contribuír a este día cunha pequena escolma de textos en catro linguas diferentes, que podes ollar na imaxe ou no ficheiro adxunto a esta nova.

Día Mundial da Poesía  2021
 

Admisión de Alumnado (ESO e Bacharelato) e probas de acceso a Ciclos de Grao Medio

Lembramos que están abertos os prazos para:

- admisión de alumnado da ESO e Bacharelato para o curso 2021-2022, finalizando este o 22 de marzo. Para máis información picar NESTE ENLACE

- inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Medio, ata o 26 de marzo. Para máis información sobre estas probas (prazos, datas de exames, temarios, probas de anos anteriores...) no enlace á páxina xunta fp/probas ou picando aquí.

Alumnado de 2º Bacharelato participa na VII Olimpíada Xeográfica de Galicia

Alumnas de 2º Bacharelato participan na V Olimpíada Xeográfica de Galicia

O martes 16 de marzo tivo lugar a VII Olimpíada de Xeografía de Galicia, organizada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, na que participaron centros de toda Galicia e entre eles o noso Centro, que estivo representado polo alumnado de 2º Bacharelato: Jennifer Valiño, Óscar Ferreiro, Rubén Gómez, Pedro Ramos e Raúl García. A proba realizárona na aula de Informática do centro porque, ante a situación sanitaria actual, esta olimpíada realizouse de forma telemàtica.

Entrega de agasallos ás mellores fotografías do concurso “Matemáticas nun clic”

premiados no concurso “Matemáticas nun clic”

No segundo recreo do martes 16 de marzo, o profesorado do departamento de Matemáticas e a vicedirectora entregaron os agasallos ao alumnado que realizou as fotografías seleccionadas como as máis relevantes dentro do concurso de fotografíaMatemáticas nun clic”, convocado pola rede de divulgación matemática, DiMa. O acto realizouse no corredor da planta baixa, onde tamén se pode ollar os traballos realizados polo alumnado de 3º e 4º ESO. Parabéns a todo o alumnado participante.

Entrega de agasallos do concurso "Matemáticas nun clic"

Exposición do concurso "Matemáticas nun clic"

Distribuir contido


by Dr. Radut