Skip to Content

Alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º Bacharelato de Física e Química asisten á charla "O láser, esa luz máxica"

Alumnado de Física de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato na charla "O láser, esa luz máxica"

O martes 13 de abril, o alumnado da materia de Física e Quimica de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato asistiu na Biblioteca do noso centro á interesante charla: "O láser, esa luz máxica", impartida polo profesor do departamento de Física Aplicada, Área de Óptica da USC, Raúl de la Fuente Carballo. Esta charla desenvólvese dentro do programa "A Ponte entre o Ensino medio e a USC". Durante unha hora o profesor de la Fuente Carballo explicoulle ao alumnado asistente á charla sobre que é un láser?, que ten de especial?, para que se usa?, debatendo sobre este dispositivo de múltiples aplicación e que é  recoñecido como un dos dez maiores logros tecnolóxicos do século XX. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Alumnado de Física de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato na charla "O láser, esa luz máxica"
 

Nova sesión do Club de lectura do alumnado

Club de lectura alumnado 1º ESO

Na tarde do luns 12 de abril, o alumnado de 1º ESO do Club de lectura do alumnado da Biblioteca tivo unha nova xuntanza; nesta ocasión foi  para conversar sobre o libro "A caixiña dos rancores". de Héctor Cajaraville. En palabras do coordinador dos Clubs de lectura, o profesor Víctor González: "Aí os tedes, Nerea, Paula. Ánxela, Ana e Roi, alumnado todo el do IES de Valga, de primeiro da ESO, nada menos. Boa canteira temos. Están arredor da árbore, con "A caixiña dos rancores", o libro que nos convocou, nunha das súas ponlas. Que máis se pode pedir?, sol, natureza, cultura, amizade, xuventude...non falta de nada; e tamén houbo xantar. Seguro que máis de un que lea estas liñas estase xa arrepentindo de non terse apuntado cando podía facelo... Non me extraña. Que se poña na lista de espera para o ano que ven. Saúde"

O escritor Suso de Toro no Club de lectura de adultos

Encontro co escritor Suso de Toro no Club de lectura de adultos

O xoves 8 de abril e a través de videoconferencia, polas actuais circunstancias sanitarias, tivemos unha nova sesión do noso club de lectura de adultos. Nesta ocasión foi unha interesante, amena, divertida e participativa sesión virtual ccoa presenza do escritor Suso de Toro. O escritor compostelán disertou sobre a súa obra "Un señor elegante" e respondeu ás preguntas dos asistentes a esta sesión. En palabras do responsable do Club de Lectura de adultos do noso Centro, Víctor González: "Están todos rindo. Seguro que o están pasando moi ben". Dende o IES Valga agradecemos a participación de Suso de Toro no club de lectura. 

Lugar e sede da celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior ordinaria 2021

probas de acceso CS 2021

Publicadas as datas, lugares e sedes de realización das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional do sistema educativo convocatoria ordinaria para o ano 2021. Premer na imaxe para ver todas. No caso do IES Valga a signación da sede e o calendario é o seguinte:

Celebración da proba  15/04/2021
Centro onde de realizarán as probas

IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo, 1

36162 Monte Porreiro

PONTEVEDRA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut