Skip to Content

Libros de texto 2021-2022

Libros de textoPode acceder a listaxe de  libros de texto do IES de Valga  para o curso 2021-2022 premendo na imaxe ou abrindo o ficheiro adxunto.

O IES Valga na revista de innovación educativa Educación 3.0

Monitores interactivos

A revista de innovación educativa de ámbito estatal, Educación 3.0 vén de publicar un artigo sobre a utilización, no noso centro, dos monitores interactivos Traulux TLM80, que funcionan co sistema operativo Android 8.0. Os monitores instalados pola empresa  Informática Elinfo, durante o segundo e terceiro trimestre do curso que acaba de finalizar,  supoñen un gran avance nas posibilidades educativas dentro das aulas que contan con estes aparellos. A vicedirectora, Ana Bueno, destaca na propia revista "a posibilidade de traballar directamente sobre o monitor, sen depender dun PC" ou "acabáronse os problemas de visibilidade que causaba a claridade das aulas cos proxectores e obter unha mellor resolución da imaxe ao instalar estes monitores de alta definición".

Para ler o artigo completo pódese picar neste enlace da revista Educación tres punto cero.

 

Ángela Costa de 1º ESO seleccionada na convocatoria de ESTALMAT-Galicia para o Estímulo do Talento Matemático

alumnado 1º ESO na convocatoria do programa ESTALMAT 2021

No IES Valga hai talento matemático de futuro. Así o acredita que a alumna de 1º ESO,  Ángela Costa Suárez foi seleccionada dentro dos 30 estudantes que superaron a proba da convocatoria de ESTALMAT-Galicia para o Estímulo do Talento Matemático

Lembrar que o Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes galegos ten como un dos obxectivos detectar e prestar atención a nenos e nenas con talento matemático que, en moitos casos, poden pasar inadvertidos ou quedar desatendidos. Esta convocatoria está dirixida aos estudantes nacidos nos anos 2007, 2008 ou 2009 e os seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos  2021-22 e 2022-23, con 20 sesións cada curso, ás  actividades formativas que se programen na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Moitos parabéns a Ángela e a disfrutar desta iniciativa que fomenta o talento matmático.

Máis información picando neste enlace.

O IES Valga entre os centros cun 100% de aprobados nas ABAU

O alumnado da promoción de Bacharelato 2019-2021, que acudiu a realizar a proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) 2021 na convocatoria de xuño, obtivo un 100% de aptos. Un total de 14 alumnos e alumnas participaron nesta convocatoria ordinaria, sendo un dos 72 centros galegos que obtiveron o 100% de aprobados. Parabéns e moita sorte para o futuro.

Picando neste enlace pódese ollar información sobre esta nova.

Festa de fin de curso

A Banda do IES Valga na festa de fin  de curso

O martes 22 de xuño tivo lugar no noso centro unha festa de fin de curso. onde se programaron diversas actividades que fixeron moi ameno este último día de curso da comunidade educativa. Foron catro actividades que rotaron polo patio da carpa e o patio das bancadas, lugares onde o alumnado estivo dividido para cumprir coas medidas de distanciamento e seguridade sanitarias vixentes. Monicreques Alakrán co seu espectáculo "Barriga verde", Alba Grande cos seus "Contos para derreter a cera", Animación Nydia co seu "Obradoiro de danzas urbanas" e a Banda do noso centro dirixida polo profesor Manuel Villar: foron as actividades que durante catro horas seguiron alumnado e profesorado. Ademais houbo pinchos ofrecidos pola ANPA que colaborou coa Vicedirección para que esta festa fin de curso fora posible.

Máis información picando aquí ou neste enlace.

Monicreques Alakrán no IES Valga

 

Distribuir contido


by Dr. Radut