Skip to Content

Actividade musical

Coro 4º ESO 22 12 20

Na mañá do martes 22 de decembro tivemos polos corredores do noso Centro ao alumnado de Música de 4º ESO, co seu profesor Manuel Villar, poñendo animación musical, como preludio das vacacións do Nadal.

Conferencia de Quique Macías para alumnado de 1º Bacharelato

                   Conferencia de Quique Macías para alumnado de 1º Bacharelato

Este luns 21 de decembro tivo lugar, na aula de 1º Bacharelato do noso Centro, unha interesante conferencia a cargo do profesor da área de Xeometría e Topoloxía da Facultade de Matemáticas da USC, Enrique Macías Virgós. Quique Macías contou, nunha moi amena e didáctica charla, a historia de Internet ao alumnado de 1º Bacharelato. A actividade foi organizada polo Departamento de Matemáticas.

 

VIII Concurso de Fotografía

VIII Concurso de Fotografía A Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Valga convoca o VIII Concurso de Fotografía. O tema nesta edición será “O RECUNCHO DOS AVÓS”. Enviaranse dúas fotografías cun título e cunha pequena explicación sobre estas.

Os envíos serán á seguinte dirección de correo electrónico:dinamizacionlca@gmail.com

Poderán participar alumnado, profesorado e persoal non docente do IES de Valga

Os premios consistirán en dous vales, de 30 e 20 euros respectivamente, ás dúas mellores fotos.

O prazo de presentación será ata o 15 de febreiro de 2021.

 

Calendario 2021 do EDL do IES de Valga

Calendario EDL 2021 

Xa temos o noso calendario para o 2021. Este ano o deseño dos días e meses foron completados con coñecidos refráns. Esperamos, un ano máis, que vos guste tanto coma a nós. Picando na imaxe, ou no ficheiro anexado a esta nova, pódese acceder a el. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos un Bo Nadal. 

Charla-coloquio co escritor Pere Tobaruela arredor do seu libro "Poñente"

Pere Tobaruela co aumnado de 4º ESO

O xoves 10 de decembro, o alumnado de 4º ESO asisitiu a unha charla-coloquio co escritor Pere Tobaruela. Foron dúas sesións, para o alumnado de 4º A e 4º B, onde alumnas e alumnos tiveron unha explicación do seu libro "Poñente", dende o punto de vista histórico e literario. Tamén puideron descubrir outras facetas relacionadas coa tarefa de escribir e o mundo da literatura en xeral.

Distribuir contido


by Dr. Radut