Skip to Content

Listaxe definitiva de axuda ao fondo de libros de texto

Xa se pode consultar no noso Centro a listaxe definitiva de axuda ao fondo de libros de texto.

Tamén queremos lembrar que seguen estando dispoñibles, para aquelas familias que aínda non o recolleron, os vales de axuda para material escolar.

Nota Informativa: comezo do curso 2020-2021

AVISO IMPORTANTE

Adiado o comezo do curso académico 2020/2021 co seguinte novo calendario de incorporacións:

  • Día 23 de setembro: incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria, 1º curso de bacharelato, 1º de formación profesional de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior.

  • Día 24 de setembro: incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria, 2ºcurso de bacharelato, 2º de formación profesional de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior.

  • Día 25 de setembro: incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

Para máis información consultar na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889

Inicio do curso 2020-2021 no IES Valga

Calendario de inicio do curso 2020-21

 

  • Día 16 de setembro: incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria, 1º curso de bacharelato, 1º de formación profesional de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior.

  • Día 17 de setembro: incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria, 2ºcurso de bacharelato, 2º de formación profesional de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior.

  • Día 18 de setembro: incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

 Para máis información consultar na seguinte ligazón: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_incorporacion_gradual.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut