Skip to Content

Estudantes de Catoira verán reforzado o servizo de autobús para o seu traslado a noso centro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforzará, a partir da vindeira semana, os servizos de autobús no concello de Catoira, para facilitar o desprazamento diario dos estudantes deste municipio que cursan os seus estudos no IES de Valga. Será a partir do luns 3 de maio cando o alumnado deste municipio veciño poida dispor do servizo de transporte público da Xunta ao IES de Valga, atendendo desta forma á solicitude da ANPA do CPI Progreso de Catoira.  O horario de funcionamento deste servizo de autobuses será o seguinte:

  • os servizos de mañá sairán ás 7:45 horas desde Catoira-Área Estacionamento, con chegada ao IES ás 08:27
  • o itinerario de mediodía partirá do instituto ás 14:30 horas con chegada a Catoira ás 14:50 e será atendido co roteiro do IES de Valga-Choren
  • para a xornada lectiva das tardes do luns establécese a saída de Catoira ás 16:00 horas e a chegada ao IES ás 16:20, prevéndose o regreso ás 18:15 horas

Máis información picando no seguinte enlace da páxina da Xunta de Galicia



page | by Dr. Radut