Noticias do sitio

Certame de vídeo: "Explícao ti"

Picture of Admin Admin
Certame de vídeo: "Explícao ti"
by Admin Admin - Thursday, 16 February 2017, 9:17 AM
 
Como é sabido, o IES de Sabón apostou dende hai máis dunha década por incluir as TIC nas metodoloxías de ensino-aprendizaxe; unha maneira óptima de contribuir é utilizar os medios audiovisuais. Porén, para lograr que dita aprendizaxe sexa máis significativa, consideramos necesario que ditos medios audiovisuais sexan creados polo propio alumnado, co obxectivo último de presentalo aos compañeiros e á comunidade educativa. Coidamos que a aprendizaxe máis eficaz é aquela que se obtén cando se ensina a outros. Co vídeo obtense unha interacción de elementos simbólicos e narrativos que permite almacenar, elaborar e presentar unha información que sería imposible de concretar con outros medios. Ademais, incide positivamente na adquisición da competencia comunicativa, obxectivo curricular básico.

Coidamos que a realización de vídeos que amplíen e profundicen nos contidos dunha materia pode ser unha ferramenta eficaz, eficiente e transferible. Como actividade educativa innovadora, fomenta a creatividade e axuda a reter os contidos das materias. Por todo isto animamos ao alumnado do centro a participar neste certame.

O vídeo debe ter unha duración duns 5 minutos aproximadamente. Para a súa realización recoméndase seguir os seguintes pasos:

1º: seleccionar o tema/asunto. Pode ser de calquera das materias que cursen. A únicaa condición é que a lingua vehicular ha de ser a lingua galega.

2º: planificar o texto e as imaxes.

3º: gravar un vídeo no que o alumno/a explique coa sús propia voz o tema a tratar.

4º: presentalo ao profesor/a da materia para que o supervise.

5º: subilo ao moodle da materia para que poida ser visionado polo resto dos compañeiros.

6º: comunicar a súa existencia e o seu enlace ao Equipo de Normalización para que o vídeo poida participar no certame.

Os premios serán os seguintes:

Cada avaliación:

1º, 2º e 3º premios ( cheque regalo de 30, 20 e 10 euros respectivamente).

A final de curso: premios finais aos mellores 3 vídeos do curso (cheques regalo de 50,40 e 30 euros)

Tamén haberá outros premios de incentivo á participación, entre os que estará unha gratificación na nota da materia obxecto do vídeo, que será consensuada con cada profesor/a.