Topic outline

  • General

    Valoración Inicial

    • Na primeira visita quincenal da FCT presentaráse un anteproxecto. Este será valorado polo departamento e poderá ser rexeitado. Nese caso deberase presentar un anteproxecto válido nun prazo de sete días. Se este novo anteproxecto é rexeitado, o módulo proxecto consideraráse suspenso.
    • Na segunda visita quincenal entregarase un primeiro boceto da planificación e o borrador da introducción do proxecto.
    • Nas debanditas visitas iranse presentando obligatoriamente os avances que se van realizando para seguir sendo valorados e correxidos departamento.
    • Na última visita deberá entregarse a documentación sobre o mesmo. Esta documentación entregarase tanto en formato electrónico como en formato papel. Deberá ser entregada como mínimo unha semana antes da exposición do mesmo.

    O incumplimento de calquera dos puntos anteriormente indicados supón a valoración como NON APTO do proxecto.

    O Departamento poderá propoñer proxectos a aqueles alumnos os que non se lles ocorra ningunha idea para o mesmo.


    Defensa do proxecto

    A documentación constará das seguintes partes:

    • Introducción:

    Explicarase en que consiste o proxecto e cal foi a súa motivación.

    • Presuposto
    Farase unha planificación do coste estimado do proxecto (Man de obra, Hardware e Software)
    • Manual de usuario:

    Será unha guía que explique o funcionamento da aplicación/plataforma de cara a un usuario final.

    Podería acompañarse dun exemplo de execución.

    • Documentación Técnica:

    Explicará como está feita a aplicación/plataforma. Terá algún tipo de diagrama no que se expliquen as clases/módulos,.. é dicir, as partes de que consta o programa, como se interrelacionan e que función teñen.

    Se se emprega unha base de datos, deberá incluírse o modelo Entidade Relación da mesma.

    Nota: A versión en formato electrónico será enlazada dende a aula virtual do centro para que poida ser consultada por alumnos de cursos posteriores, polo que calquera dato real ou confidencial da empresa na que se realizou o proxecto deberá ser ocultado.

    A presentación do proxecto ante o tribunal deberá:

    • Facer unha introducción ao proxecto coa sua motivación e planificación.
    • Explicar a documentación entregada.
    • Utilizar ferramentas multimedia.
    • Mostrar os pasos seguidos para o seu desenrolo.
    • Facer unha demo do funcionamento do proxecto se procede.
    • Aportación de ampliacións e melloras.
    Criterios de Avaliación
    As ponderacións para a nota final serán:
    • 40% Proxecto
    10% Idea (iniciativa, creatividade, etc.)
    30% Implementación
    • 30% Documentación
    25% Calidade
    5% Líneas futuras e posibles melloras
    • 30% Presentación
    15% Fluidez, orde e claridade
    15% Soporte

    A nota final será o resultante destes criterios de avaliación, en caso de non acadar un 5, o módulo considerarase suspenso.