Este módulo profesional, de 213 horas e 12 créditos ECTS que se desenvolverán en 255 sesións de 50 minutos ao longo do curso escolar (8 sesións semanais) . O módulo contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de: 

  • Conectar computadores nunha rede de área local (LAN) 
  • Conectar dispositivos nunha LAN 
  • Conectar electrónica de rede nunha LAN

abranguendo aspectos como:

  1. - Deseño da estrutura dunha rede local
  2. - Identificación dos elementos que deban integrar unha rede local
  3. - Conexión dos elementos da rede local.
  4. - Configuración dos elementos da rede local.
  5. - Monitorización da rede local.
  6. - Resolución de incidencias físicas da rede local.
  7. - Resolución de incidencias lóxicas da rede local.
  8. - Creación de redes virtuais.
  9. - Conexión da rede local a unha rede de área extensa.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

  1. Deseño de redes de área local con cables, sen eles e mixtas.
  2. Instalación da electrónica de rede, computadores e dispositivos en redes locais con cables, sen eles e mixtas.
  3. Configuración da electrónica de rede, computadores e dispositivos en redes locais con cables, sen eles e mixtas.
  4. A resolución de incidencias en redes locais con cables, sen eles e mixtas.