Este módulo profesional, de 70 horas e 5 créditos ECTS, contén a formación necesaria para desempeñar a función de:

  • administrar sistemas xestores de bases de datos MySQL/MariaDB
  • administrar sistemas xestores de bases de datos Oracle, nivel introdutorio

A administración de sistemas xestores de base de datos abrangue aspectos de sistemas xestores de bases de datos.

  1. Manipulación de bases de datos.
  2. Aplicación de medidas de seguridade.
  3. Planificación e realización de tarefas administrativas.
  4. Monitorización e optimización da base de datos e do sistema xestor de bases de datos.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na:

  • Implantación e na administración de bases de datos e de sistemas xestores de base de datos
  • Administración de bases de datos e de sistemas xestores de base de datos.