Este módulo profesional, de 140 horas e 8 créditos ECTS, contén a formación necesaria para desempeñar as tarefas de:

  • administración de sistemas operativos Windows
  • administración de sistemas operativos Gnu/Linux

Esta función abrangue aspectos como:

  1. Administración do servizo de directorio.
  2. Control e seguimento dos procesos do sistema.
  3. Xestión da automatización de tarefas do sistema.
  4. Administración de xeito remoto do sistema operativo en rede.
  5. Administración de servidores de impresión.
  6. Realización de tarefas de integración de sistemas operativos libres e propietarios.
  7. Uso de linguaxes de scripting en sistemas operativos libres e propietarios para a administración de servizos do sistema operativo.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

  • Xestión de servizos proporcionados polo sistema operativo.
  • Xestión centralizada de usuarios e grupos en contornos cliente servidor.
  • Programación básica de sistemas.