Profesorado
A dirección do Centro Educativo
Debe habilitar a publicación de notas no Espazo Abalar. Para iso:
- Temos que iniciar sesión no Xade cunha conta con permisos de dirección.
- En Utilidades->Xestión->Publicación escollemos se queremos e cando queremos que as notas dos diferentes grupos aparezan publicadas no Espazo Abalar.
O titor do grupo
Non é imprescindible que faga nada
Pode indicar en que enderezo de correo electrónico os pais van a recibir notificación de que teñen as cualificacións dispoñibles no Espazo Abalar. Isto non é obrigatorio, pero si debe asegurarse de que o DNI dos pais ou titores na ficha do alumno é correcto.
Activar notificación para os pais que as notas están dispoñibles.
- Escollemos a un grupo. Por exemplo (1º ESO A)
Xade->Alumnado->Xestión de Alumnos->Busca - Escollemos un alumno
- Datos Xerais->Familiares
- Marcamos as casillas de verificación "Recibir información vía telemática".
Nesta ventá o titor tamén pode comprobar que os datos do pai, nai ou titor son correctos.
Para máis información premer aquí.
Last modified: Tuesday, 13 September 2016, 11:39 AM