A Unión Europea pon a disposición dos participantes no programa de mobilidade Erasmus+ a plataforma Online Linguistic Support (OLS) para apoiar a aprendizaxe de idiomas. 

   A OLS permite valorar as competencias en linguas estranxeiras que se usarán na estadía de mobilidade e ofrece a posibilidade aos participantes seleccionados de realizar ata dous cursos de idioma en línea.

   Todos os participantes nun programa Erasmus+, con ou sen beca, deben realizar o test de idioma inicial e final para asegurar un aproveitamento a nivel lingüístico da estancia de mobilidade.

   A falla de competencias lingüísticas segue a ser  unha das principais barreras que impiden participar nas oportunidades de educación, formación e mobilidade xuvenil que oferta Europa. A OLS permite un acceso fácil e    flexible ao apoio lingüístico e contribúe a un obxectivo concreto do programa Erasmus+: fomentar a aprendizaxe de idiomas e a diversidade lingüística.

O apoio lingüístico online (OLS) está dispoñible en todas as linguas oficiais da Unión Europea: búlgaro, checo, danés, alemán, grego, inglés, estóneo, español, finés, francés, irlandés, croata, húngaro, italiano, lituano, letón, maltés, neerlandés, polaco, portugués, rumano, eslovaco, esloveno e sueco.

 

Test de idioma

A plataforma OLS envía un correo aos estudantes que teñen concedida unha estancia de mobilidade Erasmus+ coa información para realizar o test de idioma aproximadamente un mes antes da data prevista do inicio da mobilidade.

O correo contén unha ligazón para activar a conta.

Para conectarse hai que introducir o nome de usuario e contrasinal que se indica no correo electrónico recibido.

Unha vez activada a conta Erasmus+OLS, hai que acceder a la plataforma OLS: wwww.erasmusplusols.eu.

Tes que completar o perfil propio e o da mobilidade:

  • Debes actualizar as datas da estancia de mobilidade, xa que determinan a data da segunda proba de nivel. 
  • A realización do test inicial e final é obrigatoria e permite reflexar os coñecementos do idioma no que o participante estudiará ou traballará na súa mobilidade.

Os participantes que no test inicial obteñan un nivel C2 no terán que realizar o test final.

Consulta  “la presentación de la prueba de nivel” e o  ”Manual de usuario de las pruebas de nivel”.

 

 Unha vez inscrito no curso é obrigatorio finalizalo.

Cando remata o período de acceso a un curso de idiomas OLS, o participante recibe por correo electrónico un pdf como proba de que completou un curso de idiomas OLS. Este documento tamén está dispoñible na páxina de benvida da plataforma, no botón "Constancia de participación"

Consulta a presentación ”de los cursos de idiomas”   e o  ”Manual de usuario de los cursos de idiomas”.

Última modificación: domingo, 9 de febreiro de 2020, 8:04 PM