Niveis EQF
Que é EQF?
O EQF- European Qualification Framework- é un marco común de referenza que relaciona entre sí os sistemas de cualificacións dos países e serve de mecanismo de conversión para mellorar a interpretación e comprensión das cualificacións de diferentes países e sistemas de Europa.
Os seus obxetivos principais son:
- Fomentar a mobilidade dos cidadáns entre diversos países
- Facilitar o acceso á aprendizaxe permanente dos cidadáns.
O EQF ten oito niveis de referenza. Abarcan toda a gama de cualificacións, dende o nivel básico (nivel 1, como poden ser os títulos de educación básica) ata os máis avanzados (nivel 8, por exemplo, o doctorado). Dado que se trata dunha ferramenta para fomentar a aprendizaxe permanente, o EQF ten en conta todos os niveis de cualificación da ensinanza xeral, a formación profesional, a educación académica e outros tipos de formación.