Antes de emprender a túa viaxe debes informarte sobre o país no que pasarás o teu tempo de estudio: Centro , localidade, rexión, costumes, moeda, idioma,..

Non esquezas os contactos das persoas responsables no centro de destino, titor de prácticas,... Anota os enderezos de correo electrónico e os números de teléfono.

Ante a posibilidade de quedarse sen datos, deberías levar descargadas aplicacións para consulta offline, cando sexa posible, como Google Maps ...

 

Podes consultar as seguintes  guías prácticas  para preparar a túa estadía no país adxudicado, nelas tes información dalgunhas cidades:  aloxamento, actividades culturais ...

O ministerio de Asuntos Exteriores, na súa web, pon a disposición de todas as persoas interesadas uns documentos nos que se recolle información detallada sobre diferentes países.

Podes consultar a información nesta ligazón http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/SalaDePrensa/Paginas/FichasPais.aspx#

Primeiro seleccionas o continente, por exemplo Europa e logo un país Irlanda:

Ábrese unha etiqueta, na que podes consultar a ficha do país, datos da Embaixada e as recomendacións de viaxe.

 

Última modificación: domingo, 26 de xaneiro de 2020, 6:04 PM