eTwinning no IES de Rodeira
O IES de Rodeira comeza a súa traxectoria en eTwinning tralo “Séminaire francophone eTwinning à Toulouse du 4 au 6 mai 2018”. Dende entonces participamos en 15 proxectos, en 70 eventos, estamos en contacto con docentes en 17 grupos profesionais diferentes, e buscamos ou ofrecemos colaboración nos foros. Seguimos, igualmente, formación sobre o eTwining (Desenvolvemento profesional), tanto na plataforma como fóra dela.
Os nosos próximos obxectivos en eTwinning:
a) Incrementar o número de docentes eTwinners no IES de Rodeira.
b) Aumentar o número de colaboracións internacionais de éxito, mediante a participación en proxectos interdisciplinares vencellados a novas temáticas.
c) Postular proxectos a “Sellos de recoñecemento nacional e europeo”.
d) Converternos en Escola Etwinning.
Como inscribirse en eTwinning?
Estás interesado/a en formar parte dos profesores eTwinners do centro? Queres involucrar algún dos grupos ós que ensinas en Proxectos eTwinning?
1.- Localiza á Coordinadora eTwinning no centro: Carmen Soto Cano. Fala con ela se precisas axuda.
2.- Cumplimenta o formulario de inscripción para poderes formar parte da Comunidade eTwinning con todo dereito: https://www.etwinning.net/es/pub/preregister.cfm
Cando esteas dado/a de alta, comeza a túa aventura en: https://live.etwinning.net/unauthorized
3.- Podes seguir á Coordinadora do centro, ou tela como contacto: https://live.etwinning.net/profile/505096.
Infórmate igualmente das accións eTwinning do centro en Twitter, baixo a etiqueta: #Etwinning_Rodeira
4.- Busca na Plataforma a outros eTwinners do centro e localiza a compañeiros de referencia como os membros da Embaixada Galega: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/etwinning/embaixada-etwinning