Esquema de temas

  • Xeral

    Valoración Inicial

    • Na primeira visita quincenal da FCT presentarase un anteproxecto. Este será valorado polo departamento e poderá ser rexeitado. Nese caso deberase presentar un anteproxecto válido nun prazo de sete días. Se este novo anteproxecto é rexeitado, o módulo proxecto considerarase suspenso.
    • Na segunda visita quincenal entregarase un primeiro borrador da planificación e da introducción do proxecto.
    • Nas devanditas visitas iranse presentando obrigatoriamente os avances que se van realizando para seguir sendo valorados e corrixidos departamento.
    • Na última visita deberá entregarse a documentación sobre o mesmo. Esta documentación entregarase tanto en formato electrónico como en formato papel. Deberá ser entregada como mínimo unha semana antes da exposición do mesmo.

    O incumprimento de calquera dos puntos anteriormente indicados supón a valoración como NON APTO do proxecto.

    O Departamento poderá propoñer proxectos a aqueles alumnos os que non se lles ocorra ningunha idea para o mesmo.


    Defensa do proxecto

    A documentación constará das seguintes partes:

    • Introdución:

    Explicarase en que consiste o proxecto e cal foi a súa motivación.

    • Presuposto
    Farase unha planificación do custo estimado do proxecto (Man de obra, Hardware e Software)
    • Manual de usuario:

    Será unha guía que explique o funcionamento da aplicación/plataforma de cara a un usuario final.

    Podería acompañarse dun exemplo de execución.

    • Documentación Técnica:

    Explicará como está feita a aplicación/plataforma. Terá algún tipo de diagrama no que se expliquen as clases/módulos,.. é dicir, as partes de que consta o programa, como se interrelacionan e que función teñen.

    Se se emprega unha base de datos, deberá incluírse o modelo Entidade Relación da mesma.

    Nota: A versión en formato electrónico será enlazada dende a aula virtual do centro para que poida ser consultada por alumnos de cursos posteriores, polo que calquera dato real ou confidencial da empresa na que se realizou o proxecto deberá ser ocultado.

    A presentación do proxecto ante o tribunal deberá:

    • Facer unha introdución ao proxecto coa sua motivación e planificación.
    • Explicar a documentación entregada.
    • Utilizar ferramentas multimedia.
    • Mostrar os pasos seguidos para o seu desenrolo.
    • Facer unha demo do funcionamento do proxecto se procede.
    • Aportación de ampliacións e melloras.

    Criterios de Avaliación
    As ponderacións para a nota final serán:

    • 40% Proxecto
    10% Idea (iniciativa, creatividade, etc.)
    30% Implementación
    • 30% Documentación
    25% Calidade
    5% Líneas futuras e posibles melloras
    • 30% Presentación
    15% Fluidez, orde e claridade
    15% Soporte

    A nota final será o resultante destes criterios de avaliación, en caso de non acadar un 5, o módulo considerarase suspenso.

    1. Proxectos Presentados

      Decembro 2019

      ASIR

      TítuloDescrición
      Instalación Desatendida de Windows A partir dun arranque por rede (iPXE), faixe unha instalación desatendida
      AlexaPi Asistente de voz empregando unha Raspberry PI e Alexa Voice Service

      DAW

      TítuloDescrición
      Self Solución Web, deseñada para empresarios e autonomos que precisan un sistema de facturación e xestión de impostos
      Buscador de Medicamentos Plataforma Web que permite os pacienetes procurar en que farmacias dispoñen de medicamentos

      Decembro 2020

      ASIR

      TítuloDescrición
      Implantación de Servidor Bacula Xestión de copias de Seguridade mediante Bacula
      Sincronización de BD Sincronización de Bases de datos en buques de pesca

      DAW

      TítuloDescrición
      Web sobre Xogos Web sobre Xogos empregando Laragon e Laravel