Entrar

Departamento de Francés

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Bonjour et bienvenue à la page web du département de français du IES de Rodeira ! 


Mandamos un saúdo a todas as personas que estades a navegar por estas páxinas. Aproveitamos a ocasión para indicarvos que no IES de RODEIRA tendes a oportunidade de entrar en contacto coa francofonía e a lingua francesa elexindo:

  • Francés Primeira Lingua Estranxeira
  • Francés Segunda Lingua Estranxeira

Organizamos actividades, dentro da aula e fóra dela, para coñecer a cultura e a lingua meta non só cos oídos e a vista, senón tamén cos outros sentidos (o tacto, o gusto e o olfato).

 Animádevos a escoller outra lingua estranxeira! O francés é sempre un “plus”.

A nosa información está organizada en 6 puntos, segundo o hexágono imaxinario e virtual tradicionalmente asociado á Galia.

Boa navegación e bo descubrimento! 

  • Páxina Información xeral
  • Páxina Proxecto TICS
  • Páxina Proxecto Lector
  • Páxina  Francia e a Francofonía
  • Páxina interdisciplinaridade e transversalidade
  • Páxina Competencias

Información xeral

Quenes somos?

O noso  departamento está composto por:

  •  Patricia Caride Rivas
  •  Carmen Soto Cano  (Xefa de Departamento)


A NOSA OFERTA EDUCATIVA

Propoñemos francés, como primeira e segunda lingua, na ESO e no Bacharelato. 

Na liña das directrices da Unión Europea para o Lifelong Learning Programme (LLP) cando a nosa disposición horaria o permete, encargámonos de obradoiros que, desenvoltos en horario vespertino, achegan á  lingua e á cultura francesa aos adultos interesados.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

-Celebración de efemérides francesas e/ou francófonas: