Convocada axuda para compra libros de texto e material escolar curso 2021/2022

Axuda para compra de libros de texto e material escolar para alumnado que cumpra os requisitos da axuda e que comence no próximo curso 2021/2022: 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO.

Prazo de solicitude: do venres 21 de maio de 2021 ata o martes 22 de xuño de 2021.

Pode presentarse por unha das canles seguintes:

1) electrónica: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

2) presencialmente no centro de ensino: hai modelos de solicitude dispoñibles na secretaría do centro (MODELOS: ANEXO I e ANEXO V)

 

INFORMACIÓN OFICIAL:

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer