Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Censo TIC do IES de Rodeira: solicitude para ó alumnado que non completou a enquisa

Precisamos a túa colaboración.
 
Estamos desenvolvendo o censo de recursos TIC dispoñibles polo alumando (basicamente pregunta se tes ordenador/ conexión a internet/cámara web/micrófono e cascos no fogar) que marca a normativa. 
 
 Por favor:
   1) Accede a Aula Virtual do IES de Rodeira, como explicou xa o profesorado: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesderodeira/aulavirtual/
   2) Fai clic sobre o curso Censo TIC para alumnado.
   3) Por último, dentro xa do curso, fai clic en: Fai clic aquí para encher e remitir a túa enquisa Censo TIC
 
 
Aviso: se non che aparece o curso Censo TIC para alumnado significa que xa o completaches correctamente.
 
Nota: se non recordas como podes acceder, tes aquí un manual: Alta conta GSuite e Aula Virtual
 
Nota: por favor, se tes problemas ó acceder a Aula Virtual revisa que introduces ben os datos.
     Se aínda así non eres quen de acceder, manda por favor un correo (dende unha das contas de correo que indicaches na túa matrícula) indicando o teu nome, apelidos, curso e grupo e o problema que tes a: soportetic@iesrodeira.gal.
 
Moitas grazas pola túa colaboración!