Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

VI Encontros para unha convivencia positiva

Alumnas de 2º da ESO acompañadas de profesores, participan este curso nos VI Encontros para unha convivencia positiva.

Este ano o Centro organizador foi o IES Fontexería. Abordáronse temáticas diferentes.

Para alumnos

  • Novas masculinidades

Para alumnas

  • As relacións de poder nas aulas dende a perspectiva de xénero

Para profesores

  •  A linguaxe positiva na educación
  • Ferramentas prácticas para o coidado da comunicación e a convivencia nas aulas
  • O uso dos tempos educativos
  • A formación da personalidade de alumnas e alumnos en internet

Para familias

  •  Puberdade e adolescencia: roles familiares desde a perspectiva de xénero