IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Publicouse o listado do alumnado admitido e suplente para participar na mobilidade de CICLOS MEDIOS dentro do programa Erasmus+
Podes descargar o documento neste enlace
Acábase de publicar o caderno de orientación académica para o alumnado de 4º de ESO do IES de Rodeira. Podedes descargalo na seguinte ligazón:
Tanto este caderno como o de outros cursos académicos pode ser consultado no blog Rodeira Orienta:
O vindeiro 14 de marzo iníciase o curso Instalación e mantemento de Telefonía e Redes no IES de Rodeira. Está dirixido a persoas de tódalas idades que estean desempregadas. A duración e de 498 horas con prácticas en empresas. A titulación exixida é a ESO ou equivalente. A inscrición faise no INEM. A proba de selección de candidatos será o 28 de febreiro, xoves.
Mais información: http://emprego.ceei.xunta.gal/afd
Resolución de 29 de xaneiro de 2019 da Comisión de Valoración do Proxecto Erasmus+ KA101-2018 do IES de Rodeira, pola que se publica a relación definitiva de adxudicación de mobilidades Erasmus+ de persoal docente e lista de agarda para a 2ª convocatoria.
O IES de Rodeira pon en marcha e coordina o seu primeiro proxecto eTwinning: "Cartes de voeux francophones", que involucra a 900 estudantes de 20 centros educativos de 9 países europeos diferentes, na confección e no intercambio de tarxetas de nadal escritas en francés.
Na seguinte ligazón pódese descargar a resolución provisional de mobilidades docentes Erasmus+. O persoal admitido poderá interpor recurso á puntuación provisoria ou aos cursos seleccionados na orde indicada até o 17 de xaneiro do 2019.
O noso alumnado Alberto Alonso, Jacob Bamio e Daniel Riobó do CM en Instalacións de Telecomunicacións foron galardoados co 3º premio no concurso Eduemprende Idea 2018 da Consellaría de Educación polo seu proxecto Quantum Cines, Soc. Coop. Galega. Parabéns!
Publicación do listado de alumnado de Ciclo Superior seleccionado para as Mobilidades de Erasmus+. Estes alumnos realizarán as súas prácticas de Formación no Centro de Traballo do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede en Irlanda.
alumnado de 1º da ESO do IES de Rodeira recibiu unha charla sobre seguridade en internet titulada "Navega con rumbo".