IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Comunicado do Claustro de profesorado do IES de Rodeira: descargar.
Na seguinte ligazón pódese acceder ó ficheiro PDF co calendario de entrega de boletíns de cualificacións finais para alumnado:
No seguinte documento pódese consultar a data e hora nas que o alumnado debe devolver os libros que teña pertecentes ó Fondo de Libros:
Publicada a resolución de becas e axudas a alumnado de niveis postobrigatorios Curso 2019/2020: toda a información en:
Becas y ayudas a alumnos de niveles postobligatorios
O prazo para presentar o recurso de reposición é dun mes a partir da data de publicación das listaxes.
A lista provisional de admitidos / non admitidos para matrícula ESO / BACHARELATO para alumnado que entra en baremo:
LISTA ADMITIDOS / NON ADMITIDOS
As probas da ABAU ("selectividade / selectivo") para o alumnado de Cangas e, en principio Moaña, terán lugar do 7 ao 9 de xullo no IES de Rodeira.
O alumnado que presentou as solicitudes no IES de Rodeira, IES María Soliño , IES Johan Carballeira e IES Plurilingüe Paralaia para a realización da proba de acceso a Ciclos Medios, terá que facer o exame o día 10 de xuño de 2020, no IES RODEIRA DE CANGAS.
Horario:
Cómpre presentar, para a realización da proba, o documento nacional de identidade (DNI) e a folla da solicitude de inscrición.
Materiais que se poden empregar para a realización das probas:
• Bolígrafos de tinta negra ou azul.
• Na proba de tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar nen transmitir datos.
• O ALUMNADO TERA QUE VIR PROVISTO DE MASCARILLA
ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B)
Aviso correción: Na páxina 20568, no punto 2, no segundo parágrafo, onde di: «Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 432)...», debe dicir: «Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435)...».