Skip to Content

Clubs de lectura

CLUBS DE LECTURA 2016/2017

O IES de Poio conta, durante este curso académico 2016-2017, cos seguintes clubs de lectura:

- Un club de lectura de iniciación á banda deseñada para 1º e 2º de ESO.

- Un club de lectura de poesía para alumnado a partir de 3º de ESO.

- Un club de lectura de lingua estranxeira con alumnado de 4º de ESO.

- Un club de lectura monográfico en 1º de Bacharelato, co gallo da excursión a París.

- Un club de lectura de novela a partir de 3º de ESO.

- Un club de lectura para adultos de novela histórica e familia. O club de adultos segue aberto a todos os membros da comunidade educativa interesados. As reunións son de carácter mensual. Para máis información, podedes poñervos en contacto con nós a través do seguinte enderezo electrónico: iespoiobiblioteca@gmail.com. 

Distribuir contido


by Dr. Radut