Skip to Content

OFERTA FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2021/2022: CMAFD02 GUÍA NO MEDIO NATURAL E DE TEMPO LIBRE

O luns día 7 de xuño, publicouse no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22 e a ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22.

Polo tanto, achégase a ligazón na que se pode consultar a oferta formativa: https://www.edu.xunta.es/fp/. No IES de Poio impartirase o Ciclo Medio de Guía no medio natural e de tempo libre (CMAFD02).

#FPGalicia



page | by Dr. Radut