Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Bacharelato

Visita a centros de FP en Ferrol

O alumnado de bacharelato visitou este xoves, 12 de marzo, as instalacións de varios centros de FP de Ferrol: CIFP Rodolfo Ucha e CIFP Ferrolterra. Deste xeito puideron coñecer a oferta educativa de diferentes familias profesionais.

Participación na V Olimpíada Galega de Economía

O pasado día 18 de xuño tuvo lugar a V edición da Olimpíada Galega de Economía na Facultade de Administración de Empresas de Lugo. Participaron as alumnas de 2.º BAC: Cristina Reborido e Zoe Rivera.

 

Mención especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Parabéns a Verónica, Carlos, Carmen e Sergio de 1.º BAC  que veñen de acadar unha meción especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO

A entrega dos premios e diplomas realizarase o vindeiro 20 de xuño en Santiago. Pero ademais o seu traballo baseado nunha análise sensorial de varias clases de pans foi seleccionado para representar a Galicia na Fase Nacional deste concurso. 

Estamos moi orgullosos deste resultado. porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto no que ten moito que ver a profesora Covadondga e todo o departamento de Matemáticas.

 

Mención Especial: 
Título: Introdución á análise sensorial. Estudo hedónico do pan no IES Mugardos
Autores: Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Matriz, Carmen María Sanmartín Fero, Sergio Vila Plana
Titor: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey

Foto La Voz de Galicia - Ferrol

 

Segundo posto no Canta Ferrol 2014.

Orgullosos de Iria Regueiro Cruz (2.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o segundo posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns!!!

Mención de Honra na Olimpíada Matemática


 

Laura Ordóñez 
(1.ºBAC)

Mención de Honra na 
Olimpíada Matemática en Galicia

Charla sobre primeiros auxilios

Esta semana celebráronse no centro varias actividades relacionadas coa saúde. O alumnado de 1.º e 3.º ESO asistiron a unha charla informativa sobre a diabete impartida por DAMIÁN GARCÍA.

Ademais, esta tarde, o profesor de Anatomía no INEF e especialista en medicina do deporte, CARLOS AGRASAR, impartiu unha charla sobre primeiros auxilios centrada na reanimación cardio pulmonar (RCP) e a ventilación boca a boca. A sesión foi eminentemente práctica e o alumnado de bacharelato puido coñecer e ter un primeiro contacto con estas técnicas.

Charla con antigos alumnos (II)

Galería

Seguindo coas sesións informativas protagonizadas por antigos alumnos, esta mañá "regresaron" ao instituto Fernando Nicolás Puentes e José Ramón Fuentes. Nas súas intervencións transmitiron de primeira man ao alumnado de bacharelato as súas vivencias e información académica das súas respectivas titulacións, enxeñaría e traballo social. 
Agradecemos a súa estupenda disposición a compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral. 

Parlamento Xove, 2013

Dous equipos de bacharelato representaron ao instituto no Parlamento Xove deste ano. Os primeiros debates tiveron lugar este sábado na Deputación da Coruña.  Desde a preparación ata as vivencias dos debates, entre argumentacións e refutacións, resultou unha experiencia moi positiva. A actuación dos nosos representantes foi moi digna e cumpriu todos os obxectivos pedagóxicos que tiñamos sinalados. Parabéns a todos!!!

Equipo de 1.º BAC. no momento do sorteo previo ao debate.

Equipo de 2º. BAC. agardando o resultado do xurado.

Charla orientativa sobre criminalística

O tenente e xefe do laboratorio de criminalística de Galicia Jesús Ponte impartiu esta mañá unha charla ao alumnado de bacharelato dentro do programa de orientación académica e profesional.


Distribuir contido