Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Animación á lectura

Día de Rosalía

No Día de Rosalía achegámonos á súa obra xogando cos seus poemas.

 

 

 

 E felicitamos ao alumnado de FP Básica pola realización desta exposición:

Abordaxe pirata

   

 

   

 FONTE: Lecturamos

 

Samaín, 2021

 Iniciamos o mes de novembro coa tradicional festa de Samaín e o concurso de cabazas.
Agradecemos a colaboración do alumnado de FP.

Non esquezades recoller o voso premio na Biblioteca.

 

Plan Anual de Lectura

 

Plan Anual de Lectura 2021-22

Semana do 25 ao 29 de outubro

Comeza naESO a

HORA DE LER - ESO

1) Só para ler. Son quince ou vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...)
2) Lectura libre. Cada un elixirá o que quere ler. O profesor/a pode recomendar lecturas e vixiar o contido das publicacións.

3) Individual silenciosa. É importante mater o silencio para permintir a concentración na lectura. Cando o grupo o decida, poderase ler en voz alta.
4) Se alguén non quere ler deberá estar calado ata que o profesor lle subministre outras tarefas relacionadas coa lectura ou a escritura. 

Guía de lectura: "Diarios e cartas"

Guía de lectura
Diarios e novelas epistolares

8 de marzo. Día Internacional da Muller

 

Detrás dun gran home hai sempre unha gran muller   Estereotipos da muller no cine
         
 
   

   

Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun dos seus poemas. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO) lembramos "A volta ó lar".

 

Entroido

Como non podía ser doutra maneira neste Entroido tiñamos que traballar, si ou si, sobre as máscaras. Máscaras tribais, máscaras do Entroido, máscaras funerarias, máscaras teatrais, máscaras da Peste Negra, máscaras venecianas, máscaras no cinema. 
Sobre todas elas traballou o alumnado de todos os niveis facendo unha investigación que se plasmou nestas máscaras, e que deixa moi claro o potencial artístico que hai neste centro. Todas estas máscaras optan a premio, nas distintas categorías, no Concurso convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística.

+info: Lecturamos

Día da Paz

Este curso o motivo central arredor do cal xirou boa parte do traballo do alumnado foi a carga simbólica da flor como elemento portador de paz. Dende o flower power dos anos 60, coas súas icónicas fotos de flores contra armas, ata as revolucións con nomes e presenza de flores (rosas de Georgia, caraveis en Portugal, flores brancas en Bielorrusia...). Flores como marco de frases sobre a paz, e flores tamén coas que se reproducen moitos dos símbolos da paz cuxa orixe tamén nos explicaron o alumnado nos seus traballos.
Traballo a cargo do alumnado de 1º e 3º de Valores, 2º de Investigación, e FPB Xardinería.
Fonte: Blogue LECTURAMOS
 

Calendario de cine 2021

A piques de rematar un ano que todos queremos esquecer, desexamos un 2021 de cine e doce meses de película.

O alumnado de Teatro de 2º de Bacharelato remata este trimestre coa elaboración dun calendario no que recrea escenas icónicas do Sétimo Arte que ilustran frases coñecidas por todos nós.

Samaín de cine

SAMAÍN DE CINE 

Producións audiovisuais 

   

 

Premio "Decora a túa máscara"

 

  

 PREMIO

Máscara máis terrorífica

Fátima Pereira

1.º ESO

 

 PREMIO

Máscara máis creativa

Faia Varela
1.º ESO

 

 

 

Día das Letras Galegas, 2020

 O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas adicado, este ano tan especial, a Ricardo Carvalho Calero.

Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) foi unha figura polémica ao longo dos anos. Por unha banda, por tratarse dun home trascendental na evolución da creación, a expresión literaria e a loita polo idioma, que logrou levar ao máis alto a historia da literatura galega. Por outra banda , polas reiteradas candidaturas na sede da Academia para ser homenaxeado o 17 de maio, que foron rexeitadas ao longo dos anos. 

O autor naceu e criouse  no barrio de Ferrol Vello, ata que se trasladou a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Foi alí onde se adentrou tanto no galeguismo coma nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que o levou a exercer unha activa militancia nacionalista.
Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións, como A Nosa Terra, ademais de impulsar as súas primeras obras cultivando o xénero poético, primero en castelán e despois en lingua galega. Tras o golpe militar, o autor entrou  en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi represaliado, condenado por separatista e recluído en Xaén. A pesar diso, a partir de 1941 puido saír do cárcere,  entregouse á ensinanza privada en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.
Era un home cunha gran capacidade de servizo á sociedade, que o levou a impulsar a creación dunha Gramática galega, fundamental para a textualización da cultura. Hai que destacar tamén, o seu carácter pioneiro nos estudos rosalianos, xa que  contribuiu a fundamentar a crenza do valor de Rosalía como unha figura clave nas nosas letras.
Cabe destacar a súa valiosa obra literaria, tanto como poeta como narrador, e valorar o seu papel na historia galega, levando unha vida moi coherente e de  entrega ao  país, e consagrándose como un intelectual honrado e honesto, que se converteu no principal inspirador do Reintegracionismo.

 

Para unirnos a esta celebración o equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, contando coa colaboración dalgúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato, tentamos dar vida a un dos seus poemas ("Ferrol, 1916") no seguinte vídeo. E para que todo quede pola zona ás palabras de Carvalho Calero poñémoslles a música de Pepito Arriola. José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, foi un neno prodixio, precoz intérprete e compositor que naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Os primeiros anos da súa vida pasounos en Ferrol e a principios de 1899 a súa nai levou a Pepito a Madrid, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista, violinista e compositor. A peza que acompaña o vídeo, titulada "Habanera" foi composta en 1898 cando tan só tiña 3 anos.

Este ano tiñamos en proxecto representar dúas pequenas obras de Carvalho Calero: o grupo de Artes Escénicas de 4º ESO estaba a ensaiar "Ou auto  do  prisioneiro" e unha parte do grupo de Obradoiro de Teatro estaba a ensaiar "A  arbre". Como non foron posibles estas representacións lembramos "A farsa das  zocas" posta en escena hai 3 anos polo grupo de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato.

 

 

Blog: Lecturamos

ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.
 
Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.
 
Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.
 

Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.

 
E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa
 
 
 

Celebración do Entroido-2020

O pasado venres celebramos o Entroido no centro cun festival, presentado por Helena Castiñeira e Carlota Vidal,  no que participou todo o alumnado da ESO e parte do alumnado de Bacharelato.

 

Os gañadores, nas distintas categorías, foron:

FONTE: Lecturamos

Charla de María José Masanet sobre mitos románticos e violencia de xénero

 CHARLA: 
MITOS ROMÁNTICOS, VIOLENCIA DE XÉNERO E ESTEREOTIPOS NAS SERIES PARA ADOLESCENTES
O día 18 tivemos con nós a Maria Jose Masanet para falarlles ao alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato sobre mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series televisivas para adolescentes. 
María José Masanet é profesora e investigadora na Universidade de Barcelona, especialista en investigación mediática, adolescencia e xuventude, series de ficción, o xénero e a representación da sexualidade e a relación amorosa nos medios de comunicación.

San Valentín na biblioteca

 

O amor pode ir en moitas direccións. Moitos dos nosos alumnos amosaron o seu "amor" por algúns libros desta biblioteca neste "photocall" . A Biblioteca repartiu poemas de amor entre os alumnos, e estivo toda a semana adornada con motivos vinculados co amor: a rosa, a mazá e bombóns.

   

Si vis pacem... (Día da Paz, 2020)

Co segundo programa de radio deste curso sumámonos á celebración do Día da non violencia e a Paz cunha selección de obras musicais de distintas épocas históricas que dalgún xeito remiten ás guerras, ás súas consecuencias e ao desexo de rematar cos conflitos que azotan á humanidade desde o seus inicios.
Para rematar este programa contamos cunha versión propia do canon "Dona nobis pacem" de Mozart nas voces de: Lola, Gabriel (2º ESO), Helen (1º Bach) e a profesora Olga Recio, co acompañamento do alumnado de Música de 1º Bach nas frautas.

 

 

Os traballos do alumnado quedaron recollidos nun enorme cartel no que as súas propostas completan e dan un novo sentido á prótese "si vis pacem"

Programa de radio: a viaxe dos Reis Magos

Os alumnos de Investigación (2º ESO), Latín (4º ESO) e Grego (1º Bach) fixeron un traballo no que recolleron información sobre a viaxe dos reis magos (non só a que fixeron de vivos, senon tamén a que fixeron os seus restos despois de mortos). E xa que este ano estamos de viaxe tamén repasamos unha das rutas máis importantes que existiron: a ruta do incenso.
Aínda que non temos unha radio escolar no centro este grupo de alumnos de 2º ESO e 1º Bach prepararon unha sesión radiofónica na que repasaron os seus traballos sobre viaxes: alumnos de 2º ESO (Investigación) e 1º Bach (Grego) falaron sobre a viaxe dos reis magos e a ruta do incenso, e alumnos de 1º Bach (Música) descubríronnos a "Viaxe de inverno" de F. Schubert.
 Alumnado participante: 
Arai Roibal, Daniel Cartelle, Elia Durán, Lucia Mei Gallego, Yuxin Zheng, Sofía Cao  (1º Bach), Lorena Pereira, Lola Vigo, Gabriel Vila (2º ESO)
 

Concurso de Viaxe

A Biblioteca e o EDL convocaron o concurso dirixido a todo o alumnadoe enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado.

Este venres coñecemos as gañadoras. As alumnas que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B). Aínda que non só os maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A).

 

Concurso de rap contra a violencia de xénero

Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero este día a Biblioteca e o EDL convocaron un concurso de rap.

Os gañadores do concurso foron os alumnos de 3.º ESO Xabier Sánchez  e Miguel Ángel Rincón (mención especial). 

Isto é para que escoites,
isto é para que loites...

 

Xabi rap


1:46 minutes (1.62 MB)

Miguel Ángel rap


2:59 minutes (6.84 MB)

Contra a violencia de xénero (25N)

O pasado venres recuperamos no salón de actos as actividades do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, adiadas por mor do calendario de exames. O acto conseitiu dna realización de varias lecturas, proxección de vídeos e, sobre todo, a audición dos raps presentados ao concurso. Axiña saberemos o veredicto do xurado e compartiremos as creacións. 

 

Rap, educando en valores

   

 O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu este xoves un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a eduacación en valores.

Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e  tamén na ensinanza académica.

Comezo do CLUB DE LECTURA

Este martes deron comezo as actividades do Club de Lectura. A biblioteca acolleu, antes do comezo das sesións docente da tarde, a reunión dos membros máis novos do club. Un ano máis ponse en marcha esta canteira de lectores impulsada pola biblioteca escolar e a profesora Begoña Allegue.

Se a poesía é unha fogueira, queimémonos nela

 

 

 
Lectura e recitado dunha escolma de poemas a cargo do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO), Latín (4º ESO), Obradoiro de Teatro (1º Bach), Grego (1º Bach) para celebrar o Día do Libro

 

Distribuir contido