COVID 19 

   › Plan de adaptación

   › Plan de continxencia

   › Documentos                          

        PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
EDIXGAL MOODLE ABALAR  
          
REDES   VIDEOCONFERENCIA
     
Falemos

 

Admisión para o curso 2021-2022

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021/2022
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición: 11 de xaneiro - 8 de febreiro

Entre o días 11 de xaneiro e 8 de febreiro (incluídos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2021-2022. Vai dirixido ao alumnado que curse 6º de Primaria no CEIP Unión Mugardesa e CEIP Santíago Apóstolo (Franza) que veña cursar 1º de ESO no noso centro; e para alumnado do CPI As Mirandas (Ares) e CPR Loyola, para vir estudar 1.º Bacharelato. 

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) co impreso que achegamos e presentalo no centro educativo de orixe, ou, poden facer a solicitude a través da aplicación admisionalumnado

Para facelo pola SEDE ELECTRÓNICA, precisará de Chave365 ou certificado dixital. O resto do alumnado que queira matricularse no noso centro e que non estean a cursar estudos nun centro adscrito, terán aberto entre os días 1 e 22 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web) ou ben facelo a través da aplicación admisionalumnado.

AdxuntoTamaño
ED550A-G_2021_2022.pdf1.33 MB