COVID 19 

   › Plan de adaptación

   › Plan de continxencia

   › Documentos                          

       PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
EDIXGAL MOODLE ABALAR CLASSROOM

 

ACTUALIDADE

BOLSAS DE ESTUDOSAta o día 1 de outubro, está aberto o prazo para solicitar a bolsa de estudos do Ministerio de Educación. A tramitación realízase unicamente de xeito dixital a tráves dunha sede electrónica. Poden solicitalas o alumnado de Bacharelato e mais de FP Básica. Tamén existen bolsas para o todo o alumnado con necesidades especiais.
» LIGAZÓN 

LIBROS DE TEXTO E EQUIPAMENTO EDIXGAL

Os primeiros días de clase repartirase o material escolar fornecido polo proxecto EDIXGAL e mais o FONDO SOLIDARIO de libros de texto para o ensino obrigatorio. 
» LIGAZÓN "Libros de texto"

       

WEB EN MANTEMENTO Ao longo das próximas semanas a paxina web pode sufrir modificacións e alteracións nas versións móbiles e cos diferentes navegadores. Desculpas polas molestias ocasionadas polas obras de redeño e mantemento.

 

 

 

Responder ó comentario

Comeza a segunda edición de PILABOT

        

 Ao longo das próximas semanas, o noso instituto participará no concurso PILABOT patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente. Pilabot é un concurso entre 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, que se poida portar coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. En todo caso, a orixe dos residuos das pilas debe ser doméstico, procedente das familias do alumnado e do persoal do propio centro escolar.

Para a recollida das pilas, cada alumno/a recibirá unha caixiña de cartón que se debe ir baleirando as veces que sexa necesario no bidón contedor que se atopa na entrada do instituto.

O consurso comezou oficialmente o 13 de xaneiro e rematará o 31 de marzo.

Pode consultar as bases do concurso na páxina www.pilabot.gal e tamén seguir as novidades nas redes sociais.

Responder

Distribuir

Distribuir contido