blogue deadmin

Calendario final de 2.º Bacharelato, reclamacións e matrícula na ABAU

 

Reclamacións en 2.º bacharelato

Segundo a Circular 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2017/2018.

As reclamacións contra as cualificacións finais obtidas nas materias de 2º de Bacharelato presentaranse por escrito na secretaría do centro e dirixidas á Dirección desde o mércores 23 de maio ata as 14:00 horas do Xoves 24 de maio de 2018.

As instancias pódense recoller na Secretaría do centro.

Ás 13:00 horas do Venres 25 de maio notificarase a resolución dos Departamentos ao alumno/a e representantes legais.

O prazo para presentar solicitudes de reclamación á comisión de supervisión remata o Luns 28 de maio de 2018 ás 14:00 h.

Para máis información consulte o portal educativo da Xunta de Galicia. URL:

http://www.edu.xunta.gal/portal/reclamacionsbacharelato

Día da Ciencia na rúa (A Coruña)

Allumnas de 3.º ESO participaron esta fin de semana no Día da Ciencia na rúa que se vén celebrando na cidade da Coruña. Coordinadas polas profesoras Carmen Bernabéu e Esther Rodríguez, atenderon ao público con explicacións e varios experimentos de reaccións químicas.

Encontro con maiores

Esta mañá o alumnado de 1.º ESO participou na biblioteca dun encontro con Concha Cortizas e Loli Vázquez que lles falaron das súas vivencias e experiencias no Mugardos de cando eran nenas. A escola, a formas de diversión, os transportes, os traballos... O noso sincero agradecemento por este achegamento e gran vontade de comunicación coas novas xeracións.

Iniciación ao remo (1.º e 2.º ESO)

Ao longo das dúas últimas semanas o alumnado de 1.º e 2º. ESO tivo a oportunidade de achegarse nas clases de Educación Física ao remo. Grazas á colaboración do Club do Mar de Mugardos, tivemos varias sesións de remoergómetro no pavillón e logo, en varias quendas, a saída ao mar que para moitos era a primeira vez.

Olimpíada matemática (2.º ESO)

A mañá do xoves, 26 de abril, celebrouse no IES de Canido de Ferrol a fase de zona da Olimpíada Matemática para alumnado de 2º. ESO. O noso centro estivo representado por Jacobo, Juan e Elisabeth acompañados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.

O día 7 de maio darase a coñecer a relación dos seleccionados en cada zona para acudir á Fase Final Galega que será o día 24 de maio.

Día do Libro, 2018

Máis información no blog da biblioteca: Lecturamos

Sesións formativas para pais e nais (24 de abril)

Sesións formativas para pais e nais

A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.

 

PROGRAMA

 

Participación na Olimpíada Galega de Economía

                 

 O sábado 7 de abril tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación do alumno Nicolás Nieto, da materia de Economía de Empresa (2.º Bac).  

Para el e para a profesora Mara Meiriño,  o noso recoñecemento pola boa disposición e esforzo. Parabéns!

Na XII Feira Matemática - A Coruña, 2018

Unha numerosa representación de máis de trinta alumnos e alumnas de 2.º e 3.º ESO asitiron á Feira Matemática, que se celebrou este sábado no Palexco da cidade da Coruña. Coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, pasaron a xornada completa a atender ao público en dous stands: un centrado na construción de formas xeométricas con palliñas e outro na memorización de deciñais do número PI. Salientamos a dedicación e bo trato coas explicacións ao público de todas as idades. Un ano máis, grazas e parabéns por levar o nome do IES de Mugardos a esta importante cita da divulgación científica.

Ademais, a xornada rematou coa grata sorpresa da entrega do primeiro premio do Concurso de Esopías ao alumno Bruno Sánchez Cuervo (2.º ESO):

O elixir 

 Ana (3), a(1) gran(4) e(1) única(5) portadora(9) do(2) máxico(6) colar(5) das(3) catro(5) familias(8) poderosas(9), lembrou(7) decontado(9) que(3) un(2) dos(3) parentes(8) tiña(4) oculto(6) un(2) elixir(6) novo(4) que(3) fai(3) milagres(8).

 Ligazóns:

 

Ioga tibetano

O pasado venres, 23 de marzo, todo o alumnado e profesorado interesado puido gozar dunha práctica de ioga tibetano. As sesión foron dirixidas pola especialista Beatriz Romero (Sonän Donyö), instrutora de ioga tibetano e meditación e monitora de ioga para nenos. Agradecemos a súa presencia no instituto e esperamos poder contar con máis ioga no futuro.

8M: Día Internacional da Muller

Seguimento da folga do 8 de marzo

Datos do seguimento da folga do 8 de marzo no IES de Mugardos:

  

PERSOAL (docente e non docente)

Seguimento total (homes e mulleres)

58,3%

Seguimento feminino (só mulleres) 

87,5%

 

ALUMNADO (3º e 4º ESO, Bacharelato, FPBásica e Adultos)

Seguimento total (homes e mulleres) 

81,4%

Seguimento feminino (só alumnas):

96,5%

  

Proba de orientación deportiva en Monfero

O xoves pasado o alumnado de 1.º e 2.º ESO venceu a chuvia, o vento e o frío na carreira de orientación celebrada en Monfero xunto con outros centros que participamos no programa Xogade. Trátase, ademais, dunha proba preparatoria para a fase provincial que se vén realizando en Culleredo.

Campionato de volei

Esta semana comezou o torneo mixto de volei cun grande éxito de participación. En total inscribíornse 17 equipos: nove na categoría infantil e oito xuvenís. O calendario de encontros está no taboleiro de Educación Física.

Vén ao pavillón nos recreos e goza dos partidos.

Proceso de admisión (Curso 2018-2019)

  NORMATIVA LEGAL  

 

   PROCESO E CALENDARIO  
 
  • Reserva de praza: do 1 ao 15 de febreiro
 
 
  • Listaxe de admitidos de alumnado procedente de centros adscritos:
 
 
  • Postos escolares vacantes tras o proceso de reserva e permanencia.
 
 
  • Solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo
    O alumado dos centros adscritos de primaria que xa fixo a reserva de praza e o alumnado que xa está a cursar a ESO ou o Bacharelato no noso centro non precisa facer ningún trámite neste procedemento posto que ten garantida a praza. Non obstante, para conservar a praza deberá matricularse dentro dos prazos establecidos.
    Tres xeitos de presentar a solicitude:

 
 
  • Listaxe provisional de persoas admitidas: 25 de abril.
  • Listaxe definitiva de persoas admitidas: antes do 15 de maio.

 
 
  • Formalización da matrícula:
    • ESO e Bacharelato: datas aínda non publicadas.
    • Prazo extraordinario: datas non publicadas.
 

 

 

Visita ao Museo de Historia Natural (Santiago) e viveiro Plantamus (Ordes)

O alumando de 1.º ESO e FP Básica de agroxardinaría tivo a oportunidade onte de visitar as instalacións do viveiro e granxa Plantamus do concello de Ordes. A continuación reaizaron a visita guiada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.

O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.

        3º Premio: BLANCA GAGO        1º Premio: ANA RUMBO          2º Premio: NOELIA CALVO   

 

   

Entrega de diplomas do campionato de fútbol

 

Entrega de diplomas do campionato de fútbol.

Parabéns a todos os participantes.

Exposición: Holocausto (Mathausen, regreso ao campo da morte)

Ata este venres estivo no corredor de entrada do intituto a exposición sobre o holocausto (Mathausen). Para seguir ampliando a información dos paneis, podedes visitar:

Venda de produtos para a excursión 4.º ESO

O alumnado de 4.º ESO instalou este venres na entrada do centro o tradicional posto de venda de produtos que nesta ocasión xuntaron as larpeiradas do entroido cos agasallos de san valentín. Todo conta para recadaren fondos para a viaxe a París que xa está próxima.

Roda cubana de baile

Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.

Roteiro Ferrol Rebelde

O alumnado de 4.º ESO e FP Básica realizou esta semana o roteiro "Ferrol Rebelde". Trátase dun percorrido guiado polos lugares máis significativos da loita obreira na cidade ferrolá. Comeza a finais do século XIX cos nomes e lugares da publicación El trabajo (1871) e remate coa morte de Moncho Reboiras (1975).

DÍa da Paz

 

Mural de carteis do Día Escolar pola non violencia e a paz

Participación no certame Vindevídeos, 2018

 Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax) presentámonos ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual. E aínda que non gañamos, queremos compartir a nósa peza audiovisual,un estupendo traballo no que o alumnado participante soubo amosar as súas dotes interpretativas. (+info: Lecturamos)

Distribuir contido