blogue deadmin

Lecturas Mortais

Rap, educando en valores

   

 O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu este xoves un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a eduacación en valores.

Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e  tamén na ensinanza académica.

Comezo da HORA DE LER

 4 de novembro

Comezo da 

HORA DE LER

 

 

 

 

Autorización programas REFORZA-T (1.º, 2.º ESO, FPB) e PREMAT (3.º e 4.º ESO)

Modelos xerais de autorizacións para participar nos programas de reforzo educativo fóra do horario lectivo

  REFORZA-T
(antes PROA)
   

 PREMAT
(Reforzo da
competencia matemática)

 
 

1.º ESO
2º. ESO
FP Básica I e II

 

3º. ESO
4.º ESO

 
 

 

 

Reunión das titorías coas familias

Comezo do CLUB DE LECTURA

Este martes deron comezo as actividades do Club de Lectura. A biblioteca acolleu, antes do comezo das sesións docente da tarde, a reunión dos membros máis novos do club. Un ano máis ponse en marcha esta canteira de lectores impulsada pola biblioteca escolar e a profesora Begoña Allegue.

Lección inaugural (Bach.): Simón García

O músico Simón García, compositor e intérprete, impartiu este luns a lección inaugural para o alumnado de bacharelato e 4.º ESO. Ao longo da súa exposición e o debate cos estudantes achegou de forma directa e accesible a complexidade da linguaxe musical e a beleza do seu instrumento: o baixo.

Ademais co relato da súa traxectoria profesional plantexou a necesidade de integrase nun mundo globalizado e competitivo a persar das dificultades. A mellor recomendación é loitar por estar preparado para non perder as oportunidades que nos interesen. 

Agradecemos a Simón, como exalumno do centro, este reencontro tan especial co instituto.

Lección inaugural (ESO): Monitoras do Centro do Caldoval

As monitoras do Centro de Interpretación do Xacemento do CaldovalVero e Sara, impartiron este luns a lección inaugural para o alumnado da ESO. Transmitiron a importancia do coñecemento da cultura latina en contacto cos pobos castrexos para comprendermos as nosas orixes. Achegaron tamén as características especiais dos restos conservados en Mugardos centrados no mundo das termas e os deportes.

Por último, formularon aos estudantes o misterio da estrutura cónica única en Mugardos e da que non se coñecen noticias da súa existencia noutras partes da romania. Queda no aire a pregunta: cal era a súa utilidade? Formula a túa hipótese.

 

Comezo da actividade lectiva

Educación Secundaria para persoas adultas: matrícula en setembro

VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE

 

 

 

GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS

Venres, 21 de xuño

 

MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza

MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)

  

 

 

Festa de despedida do CLUB DE CIENCIA

Esta tarde reuniuse por última vez o CLUB DE CIENCIAS para mostrarlles aos pais e nais que quixeron acompañarnos o programa de actividades deste curso: xadrez, circuítos eléctricos, xeometría, laborario de química... Todos xuntos -alumnado, profesorado e familias- para desfrutar aprendendo. E isto pode sersó o comezo dun club que dará moitos froitos. Voltaremos o próximo curso. 

Moitas grazas á profesora Thais, coordinadora do club, e todos os docentes implicados.  

          

Reunión coas familias de 3.º ESO

A ribeira, da Bestarruza ao cabo Leiras, limpa como un coral

O venres pola mañá uns 300 escolares dos catro centros educativos do concello participaron na primeira xornada de limpeza da ribeira de Mugardos e da praia da Bestarruza. 

Ao noso alumnado de 1.º e 2.º ESO e mais FPB tocoulles a limpeza do treito costeiro do cabo Leiras. A axuda dos membros da confradía fixo moi levadeiro o traballo. Porén, o máis salientable foi a toma de conciencia do grave problema mediambiental que temos tan próximo e a necesidade de tomar medidas colectivas e individuais para frealo.

Agradecemos a todas as ANPAS, organizadores e colaboradores este gran esforzo mobilizador da sociedade para a educación e o ben común.

1.º Premio Plan Proxecta Apuntámonos a non beber

1.º PREMIO -  Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber"

A Consellería de Sanidade vén de comunicarnos a resolución do Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" na que dous traballos do alumnado de  1.º ESO acadaron o premio na categoría de Análise da publicidade de bebidas alcohólicas.

As dúas clases de 1.º ESO traballaron ao longo do curso dentro da materia de Promoción de hábitos de vida saudables impartida polo profesor Camilo Soto.

A vindeira semana gozarán dunha xornada de lecer nas instalación de Aquapark, en Cerceda.

Parabéns!!!

1.º ESO - A    
Análise da campaña dae Beefeater Pink

   

    1.º ESO- B  
Análise campañas en instagram
(Martini, Estrella de Galicia, Absolut, Beefeater...)

 

 

 

 

Comunicado Sergas

INFORMACIÓN DO PROXECTA Apuntámonos a n on beber

Vive o momento...sen drogas polo medio

 


Campaña de sensibilización sobre o consumo de drogas realizada polo alumnado de 4.º ESO e 2.º FPB realizada nas sesións de titoría. O traballo fíxose no marco dun convenio de colaboración asinado entre o Concello de Mugardos e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO). Consistiu no deseño dunha serie de debuxos e mensaxes cos que se trata de concienciar á mocedade dos prexuízos do consumo de alcohol e drogas e, en xeral, da adopción doutras condutas aditivas. 

A campaña xa foi presentada o pasado mes no Salón de Plenos do Concello (ver noticia) e agora as súas mensaxes van ser difundidas a travé de pousavasos e carteis que se distribuirán pola vila.

 

Charla sobre a limpeza do litoral

 

 

 

 

 

 O alumnado de 1.º e 2.º ESO recibiu este venres unha charla preparatoria para afrontar a limpeza da ribeira de Mugardos que terá lugar o 14 de xuño. A información xeral centrouse nos efectos da actividade humana nos océanos e ecosistemas mariños.

Edusolidariedade á mugardesa II (31 de maio)

CIRCULAR ÁS FAMILIAS   AUTORIZACIÓN IMAXE

     

 

 

 

Promoción Bacharelato 2017-2019

 A tarde do venres, 24 de maio, celebramos o acto de despedida da brillante promoción de bacharelato 2017-2019. Foi un acto emotivo, dirixido e organizado polo propio alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto con todas as familias. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas. 

"A volar, patitos" (Telmo dixit)

MEDEA. Estrea da compañía Obradoiro de Teatro

A compañía dramática Obradoiro de Teatro de 2.º bacharelato estreou esta mañá a obra clásica Medea, de Eurípedes. A ovación do auditorio tras a representación do drama testemuña o excelente traballo actoral do elenco. Salientamos, asemade, a escenografía, vestiario e iluminación xunto coa dirección da profesora Olga Cabalar.

Se a poesía é unha fogueira, queimémonos nela

 

 

 
Lectura e recitado dunha escolma de poemas a cargo do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO), Latín (4º ESO), Obradoiro de Teatro (1º Bach), Grego (1º Bach) para celebrar o Día do Libro

 

Ciencia na rúa

O pasado sábado o alumnado do club de ciencia de 3.º e 4.º ESO participou no XXIII Día da Ciencia na Rúa que se vén celebrando anualmente no parque de Santa Margarida na cidade da Coruña. Presentaron varios experimentos e actividades acompañados da profesora Carmen Bernabéu e Diego Calvo. Parabéns a todos!

Maios, 2019

O alumnado de 1.º ESO participou esta mañá na recuperación da Festa dos Maios, impulsada pola asociación cultural Apelón Educación, cos centros educativos do concello. Velaquí o noso maio e as coplas lidas esta mañá no Cantón de Cora. 

Suprime o control: encontro coas familias

O IES de Mugardos vén participando ao longo deste curso no programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero "Suprime o Control".   O obxectivo do programa é ofrecerlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias, e ao profesorado, ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais, os productos audiovisuais, etc.

Dentro deste programa convídase ás familias a unha charla sobre a violencia de xénero e novas tecnoloxías, na que participará o propio persoal educador do programa e a unidade especializada da Garda Civil experta na impartición de actividades educativas sobre prevención da violencia contra as mulleres e novas tecnoloxías.

A finalidade de dita charla é sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias, así como aportar coñecementos e pautas que contribúan a prestar unha maior atención a esta problemática. Así mesmo, falarase sobre o Programa Socioeducativo que se está impartindo no centro e dos resultados e experiencias obtidas ata o momento.

DATA: Mércores, 8 de maio

HORA: 18:30 horas

LUGAR: Salón de Actos do instituto

DESTINATARIOS: Familiares do alumnado

 

 

Actividades matemáticas

Como en anos anteriores o noso instituto participou na fase local da Olimpíada matemática dirixida ao alumnado de 2º. ESO. O nosos/as representantes realizaron o pasado 25 de abril as probas no IES de Canido de Ferrol.

Ademais, o pasado venres o noso centro acolleu a fase local das probas do Rebumbio matemático dirixido ao alumnado de 6º de primaria. Os representantes de dez colexios da comarca ocuparon a aula de tecnoloxía. Parabéns a todos os participantes.

  

 

Agroxardinaría e composicións florais nas Xornadas de Orientación de Ferrol


Esta mañá celebrouse no Auditorio de Ferrol a Xornada de Orientación Educativa e alí estivo tamén o noso alumnado e profesores do ciclo de FP Básica. Aproveitaron a oportunidade de estar xunta no maior escaparate da oferta educativa da comarca para estrear o hotel de insectos e ensinarlles a todos os visitantes a técnica do kokedama... e, como non, promocionar Agroxardinaria e composicións florais.

Distribuir contido