Skip to Content

Convivencia e mediación

O IES David Buján contra a violencia de xénero

Entre o luns, 21 de novembro, e o venres, 25 de novembro, no IES David Buján vanse desenvolver as seguintes actividades:

  • Durante a semana, todo o alumnado está convidado a encher o Taboleiro homenaxe ás mulleres vítimas do maltrato. Os rapaces e rapazas do Centro poderán traer unha flor natural á que se lle engadirá unha tarxeta cunha mensaxe de apoio a unha destas mulleres.
  • Desde o luns, a música nas diferentes linguas estará presente nos períodos de lecer. Trátase de reflexionar sobre as mensaxes contidas nas cancións.
  • O luns –entre as 16:45 e as 18:10- o alumnado de 3º da ESO participará nun Obradoiro de Rap sobre igualdade impartido por Diego Calatayud. A idea é compoñer un rap de denuncia desta forma de violencia.
  • Desde Normalización Lingüística vaise promover unha recreación visual do poema "Baldosas" de Carlos Negro. Estará instalada toda a semana no vestíbulo do centro.
  • Ao longo da semana o alumnado de 3º de PMAR realizará a gravación dunha curta sobre violencia machista, con guión de Yanira Gabarri.
  • O venres 25 de novembro, durante o primeiro recreo, proxectarase o lipdub sobre igualdade, organizado polos Servizos Sociais do Concello co alumnado de 2º de ESO. Durante o segundo recreo un grupo de rapaces e rapazas de 1º Bach. plasmarán unha interpretación particular dun tableau vivant, neste caso non tomarán como modelo un cadro senón unha situación de violencia de xénero. O mconvivencia logoesmo día, para o alumnado do grupo de Convivencia e Mediación a ONG Ecos do Sur fará a presentación da súa campaña “Poder para transformar a súa vida. Trátase dunha campaña de crowdfunding para axudar a 30 mulleres sobreviventes da violencia de xénero.

Roteiro polo río Mero

03/10/2016 12:05
Atlantic/Bermuda

O grupo de Convivencia e Mediación, coa colaboración dos titores, organiza un roteiro polo río Mero para fomentar a convivencia entre os rapaces de 1º ESO. Das 16:00 ata as 18:00

Roteiro polo río Mero

Na tarde do luns 3 de Outubro os alumnos de 1º ESO fixemos un roteiro a carón do Río Mero, para comezar o curso coñecéndonos un pouco millor.

Comezamos na cafetería, onde encargamos os riquísimos bocatas de Aurora, e despois de facer acopio de provisións comezamos a andar ata Ponte Telleira, acompañados dos nosos titores: Marta, Juan e Martín; a orientadora Begoña e Chelo do equipo de Convivencia. Xa acampados, dimos boa conta da comida (e dos postres caseiros que trouxeron algúns profes) e despois fixemos actividades en grupo.

Guiados por monitores da OMIX, que organizaban as actividades, xogamos e compartimos momentos de lecer, que de seguro servirán para coñecernos millor e mellorar a nosa convivencia.

 

Charla Mulleres Colleiteiras

O pasado luns 26 de setembro viñeron ao centro representantes da ONG Arquitectos sen  Fronteiras para acompañar e dar a coñecer o proxecto das Mulleres Colleiteiras, unha cooperativa formada por mulleres xitanas dos poboados chabolistas da Pasaxe e das Rañas.

Nas charlas participamos todos os cursos da ESO de 1º a 3º, nas horas de titoría do luns pola tarde e tivemos oportunidade de facer preguntas.

É a segunda vez que acoden a noso instituto para dar a coñecer o seu labor, xa o fixeran  fai dos cursos, e este ano estamos empeñados en colaborar con elas e espallar a súa iniciativa entre tódalas familias dos nosos alumnos.

Este colectivo feminino, en risco de exclusión social, dedicábase a recoller chatarra e cartón, mais como hoxe en día hai puntos limpos tivo que buscar outro medio para sobrevivir.
Agora traballan na recollida de aceite usado que a veciñanza da Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre deposita nos contedores laranxas.

Ademáis de tentar obter beneficios para lograr un soldo digno, colaboran na reciclaxe para non empeorar a situación das nosas augas, pois un litro de aceite contaminaría unha distancia que vai desde o río Mero até a ría do Burgo.

Informáronnos do proveito que lle podemos tirar ao aceite unha vez limpo: biodiésel, xabón...
Finalmente obsequiáronnos cun funil para colocar na botella de plástico e así non ter escusa para non reciclar.

Pasaporte solidario

O pasado venres 19 de febreiro, recibimos no centro á Directora Xeral de Xuventude. O noso instituto foi seleccionado para facer o acto de presentación do Pasaporte Solidario. O noso alumnado tivo a oportunidade de mostrar o seu traballo no ámbito da solidaridade e o profesorado do grupo de convivecia puido comentarlle á Directora Xeral ás súas iniciativas e mostrarlle á aula de convivencia. 

Distribuir contido


by Dr. Radut