Skip to Content

Información de Edixgal para familias

Achegamos esta información xeral sobre o proxecto Edixgal para coñecemento das familias neste curso 2023/2024.

Chega a feira Open Science 2023

Os días 15, 16 e 17 de setembro, Cambre convertirase no epicentro da divulgación científica da comarca coa VI Open Science Cambre 2023. Esta feira científica, organizada polo Concello e a Asociación Xuvenil XentD100cia, conta con numerosas actividades que se desenvolverán ao longo deste fin de semana. Este ano, o evento reunirá arredor de 100 casetas, preto dun centenar de voluntarios e 80 proxectos participantes.

Boa parte do alumnado e das familias do IES David Buján participan e colaboran na organización, así que animamos o conxunto da nosa comunidade educativa a que visite e desfrute destes días de ciencia na rúa.

Inicio do curso 2023-2024

ACTIVIDADE LECTIVA

Todo o alumnado acudirá ao centro dende o luns 11 en horario habitual (de luns a venres de 08:30 a 14:10 e luns de 16:30 a 18:10).

Pódense consultar os grupos nas listas en papel da entrada, na aplicación Abalar ou na aula virtual.

O alumnado de 1ºESO esperará na entrada principal para ser chamado ao acto de presentación no salón de actos.

O alumnado dos demais cursos deberá dirixirse directamente ás súas clases (consultar plano), onde serán recibidos polos/as titores/as.

Tras a presentación (1 hora para os grupos de BAC e 2 horas para os de ESO) impartiranse as clases correspondentes a esa xornada.

TRANSPORTE ESCOLAR

Todo o alumnado lexítimo (matriculado en ESO e da zona de influencia do centro) ten concedida praza no servizo de transporte escolar, que estará operativo dende o luns 11.

Todo o alumnado de bacharelato das liñas 2 (Lema, Andeiro) e 3 (Mesón Vasco, Altamira) tamén ten concedida praza.

O alumnado de bacharelato da liña 4 (Cambre) con irmáns cursando a ESO no centro tamén ten concedida praza.

Os demais deberán consultar a lista da entrada para ver se lles tocou algunha das poucas prazas que quedaban vacantes.

 

Libros de texto para o curso 2023/2024

Esta é a lista de libros de texto 2023/2024, actualizada o 15 de setembro de 2023 con nova información sobre os códigos de desconto para algúns libros de Inglés.

Materias non impartidas no curso 2023/2024

Neste documento inclúese a relación das materias que non se van impartir no curso 2023/2024 por non reuniren a cantidade mínima de alumnado matriculado.

Distribuir contido


by Dr. Radut