Camisetas solidarias
Finalizadas as vendas dos dous modelos de camisetas deseñados polo alumnado de 4º ESO, a continuación preséntanse os resultados obtidos e a súa distribución:
+ Ingresos obtidos polas camisetas vendidas: 135 unidades x 15€ = 2.025€.
- Custo total das 135 camisetas: 1.485 €
= Beneficios obtitos: 2.025 - 1.485 = 540€
Distribución dos beneficios obtidos (a proposta do alumnado):
- Almorzo despedida fin de curso 4ºESO: 188€
- Gratificacións entregadas aos alumnos e alumnas que venderon máis camisetas: 70 €
- Donativo para "Save the Children": 282€
A elección de Save the Children como ONG destinataria do noso donativo obedece a que é unha das organizacións humanitarias especializadas que traballan na franxa de Gaza e nos territorios ocupados de Palestina. Trátase dunha das cinco ONG's que mantén un convenio de emerxencias coa AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional e para o Desenvolvemento), organismo adscrito ao Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Recibi_22813_20240627.pdf | 96.84 KB |
Diploma_17751_20240627.pdf | 199.21 KB |