Concurso Xeral de Traslados

Resolución provisional de secundaria : a data prevista da súa publicación será o día 12 de Abril

 

Baremo provisional


A partires deste intre pode consultar o baremo provisional do concurso de traslados. No caso de non estar de acordo pode presentar reclamación, seguindo os pasos que máis abaixo se indican. As reclamacións poden presentalas para o corpo de mestres por fax ao número 881999241 ou ao correo persoal.primaria@edu.xunta.es, e para os restantes corpos polos números de fax 981545484 ou 981545420 ou ao correo persoal.secundaria@edu.xunta.es.

As reclamacións aos puntos 6.1 (publicacións), 6.2 (premios e proxectos de investigación) e 6.3 (méritos artísticos e literarios) do anexo XIV da orde de convocatoria do concurso de traslados, farase unha vez que se faga pública a adxudicación provisional de destinos e no prazo que se estableza.

Pasos a seguir:

1º Na opción "Participación" do menú poderá ver a súa instancia validada, prema no enlace "Reclamar baremo provisional" da columna "Opcións baremo provisional" e abriráse unha nova xanela.

2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as reclamacións que considere, agás nos apartados 6.1, 6.2. e 6.3.

3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "voltar".

4º No enlace "PDF reclamacións baremo provisional" da columna "PDF baremo provisional" poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar por calquera dos medios indicados anteriormente.