Reunións coas familias

O xoves 29 de setembro ás 18:30 terán lugar as reunións dos titores e das titoras coas familias do alumnado de ESO e Bacharelato. Estas reunións serán na aula de referencia de cada alumno ou alumna.

Ás 19:30 haberá unha reunión informativa coa Dirección do centro para aquelas familias que teñan problemas a día de hoxe co transporte. Tamén se resolverá calquera outra dúbida de carácter organizativo en caso de existir.