Enderezo: Río Tenorio s/n 36120 Cerdedo - Cotobade Teléfono: 886 15 97 84 Correo-e: ies.cotobade@edu.xunta.gal
O IES de Cotobade finalista no Primeiro Certame Internacional de posdcast Xosé Mosquera
O pasado 28 de Maio, o alumnado participante na gravación do podcast Antonio Fraguas e os seus mestres, xunto cos compañeiros que ilustraron o libreto (audiolibro) e o audiovisual do mesmo nome, recolleron no Museo do pobo galego en Compostela o premio de finalista.
Aproveitando a viaxe percorreron as rúas compostelás acompañados tres profesores do EDNL, María Xosé Balo, xefa do departamento de lingua galega, Xosé Carlos Morgade, coordinador do EDNL e profesor de historia e Beatriz Pérez, dinamizadora de actividades e profesora de E.P.V.
Parabéns ao alumnado participante polo seu traballo e ao profesorado responsable da actividade pola súa dedicación, Xosé Carlos Morgade Martínez (texto e guión), Beatriz Pérez Espiña (ilustracións e dirección artística), Carina Vales Rey (ensaios, gravación e montaxe).