Skip to Content

 

 

 

 

Taboleiro

Conmemoración do día internacional das rapazas nas tics

O pasado 22 de abril, conmemorouse o día internacional das rapazas nas tics, un día  que se ven celebrando desde o ano 2010 ininterrumpidamente, todos os terceiros xoves de abril, para eliminar a brecha dixital de xénero existente, e incentivar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as rapazas.

Desde o centro, decidimos unirnos a esta iniciativa, e participamos xunto con outros 200 centros e máis de 800 participantes, na videoconferencia organizada polo Cesga e na que puidemos escoitar de primeira man, as inquedanzas e experiencias de catro mulleres destacadas no ámbito científico-tecnolóxico.

Os rapaces de 4º da ESO de de bacharelato que estudan materias tecnolóxicas, puideron coñecer todo o percorrido que tiveron que facer estas mulleres para abrirse un oco nun eido reservado ata hai poucos anos aos homes exclusivamente, e que grazas a iniciativas como estas, e outras levadas a cabo por distintas asociacións e organizacións, están contribuíndo a que as mulleres se animen a estudar carreiras tecnolóxicas onde están segundo os  expertos, 50% dos postos de traballo do futuro máis inmediato.

 

Deixámosvos unhas fotos da xornada, así como o enlace a videoconferencia íntegra por se alguén quere ver de cerca as experiencias destas 4 mulleres.

 

Enlace á videoconferencia deste ano: https://www.youtube.com/watch?v=zmJCLvuQjyM

Charlas da Universidade de Vigo

O pasado luns e martes, o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato que cursan tecnoloxía e tics., tiveron a ocasión de participar no ciclo de charlas divulgativas que leva a cabo a Universidade de Vigo para que o alumnado coñeza o que se fai na Universidade. A primeira charla titulada "Que se fai na Informática Industrial?" ,impartida polo catedrático Manuel Pérez Cota,onde os rapaces puideron coñecer de primeira man como a informatica é imprescindible  para os sistemas industriais de control, os robots, o internet das cousas etc. e a segunda titulada" Internet das cousas", impartida por Rebeca Díaz Redondo, da facultade de Enxeñería de Telecomunicacións,na que falouse da  interconexión de pequenos dispositivos que traballan de maneira cooperativa para proporcionar solucións en diferentes ámbitos, desde o sector industrial (tradicionalmente máis tecnolóxico) ao agrícola/gandeiro (sector primario), as súas implicacións para a transformación de sectores tradicionais, os retos de investigación tratados e o futuro desta tecnoloxía.

 

8M:Día internacional da Muller

Desde o Ies Cotarelo queremos conmemorar este día tan especial e desexar que, nun futuro non moi lonxano,  nenas e  mulleres consigan a plena igualdade en todos os ámbitos da vida.

Entroido 2021

Este curso, como non podía ser doutra maneira,celebramos o Entroido; un Entroido un pouco distinto por motivos Covid, con moitas medidas de seguridade,pero igualmente divertido.

O noso Entroido este ano foi temático, o Cotarelo Mitolóxico,ambientado na Grecia clásica. Coa fin de facilitar o cumprimento da normativa Covid, organizamos "As 12 probas do Cotarelo".Por

suposto, todos aqueles que colaboraron(mención especial ao alumnado de 4ºC que se volcou coa organización) e os gañadores das probas, tiveron o seu merecido premio

 

 

 

 

30 de Xaneiro: Conmemoración do día da Paz

O pasado día 28 de Xaneiro, conmemoramos o día da non violencia e da paz, como vimos facendo todos os anos.Este ano celebramos un concurso de debuxos e logos conmemorativos dese día. 

 

(Creación realizada pola alumna de 4º da ESO B.F.M)

Conmemoramos o día das apertas

 O xoves 21 celebramos o Día Internacional dos Apertas. O alumnado de 1º FP Básica de Comercio elaborou uns "abrazómetros" para repartir cariño de forma segura polas medidas anti-Covid. 

Por se non o sabedes,esta data, foi creada por un estadounidense, quen preocupado polas poucas mostras de afecto que fai a xente en público, pensou nunha festividade que lle brindara unha excusa para dar e recibir apertas.

 

Aquí figura unha escolma das mellores instantáneas dese día

 

 

 

 

Charla con Pedro Muñoz, campión mundial de Kenpo

O pasado 19 de xaneiro,o alumnado de 4º da ESO, puido disfrutar dunha charla co campión mundial de Kenpo,  o vilagarciano Pedro Muñoz.

A charla está englobada dentro do programa Eu Saúde , organizado pola  fundación galega do narcotráfico,un programa dirixido á mocidade para potenciar a práctica de hábitos de vida saudables e fomento de valores e actitudes asociadas ao deporte.

Aquí podedes ver unha foto da charla e da pequena exposición que hai na entrada do centro.

 

   
Distribuir contido


by Dr. Radut