O pasado 4 de marzo, organizado polo departamento de Lingua galega,as alumnas e alumnos de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato, tiveron a ocasión de visitar a exposición Galicia no Mundo que se está a celebrar na Cidade da Cultura de Santiago.A exposición ,explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo, nun percorrido que vai desde a Prehistoria ata a actualidade.
No marco da exposición chegan por vez primeira a Galicia destacadas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións de museos de distintos rincóns do mundo. A continuación tedes unha mostra:
 |
 |
Guerreiro de Lesenho |
A Santa de Francisco Asorey |