GREGO 2º BACHARELATO
NOVO: As tarefas da 3ª avaliación e da preparación da ABAU publicaranse na aula virtual de Grego 2 aulacotarelo e avisarase por correo electrónico a principio de semana dos seus prazos (sempre orientativos; admitiranse traballos ata unha semana antes da avaliación final)
Calquera alumno de diúrno, adultos, pendentes ou que vaia a presentarse á ABAU que non accedera aínda á aula virtual pode facelo co seu usuario da rede cotarelo seguido de @iescotarelo.org e o seu contrasinal. Quen non coñeza estes datos ou os esquecera pode solicitar o acceso no enderezo latin.grego.cotarelo@gmail.com ou pedir o seu envío por outros medios.
Semana 25-31 de maio: aulacotarelo Grego 2
7ª tarefa. Texto en liña.Ciro chega a Timbrio onde está a fonte do rei Midas (Anábase)
Semana 18-24 de maio: aulacotarelo Grego 2
1) 5ª tarefa. Texto en liña: Os gregos organizan unha competición de ximnasia (Anábase)
2) 6ª tarefa: a) -Le con atención esta presentación dun fragmento da Anábase de Xenofonte analizado, explicado paso a paso e traducido ( G2 Anál.sintac.explicado JENOFONTE ANÁBASIS I, 5 12 CLEARCO.pdf ) e contesta estas 3 preguntas: ¿Cántos participios hai no texto, de qué tempo son e cómo se traducen? ¿Qué valor ten a forma do pronome αὐτός-ή-όν da 1ª liña? ¿ e a da última?
-b) Resolve este cuestionario autocorrexible sobre un texto de Xenofonte e sube a captura de pantalla á aula virtual (ou envíaa por correo electrónico): Jenofonte - Helénicas IV
Semana 11-17 maio
1)3ª tarefa texto en liña: Lisandro delibera sobre os prisioneiros (modelo ABAU)
2) 4ª tarefa: resolve estes dous cuestionarios sobre textos de Xenofonte e sube a captura de pantalla á aula virtual (ou envíaa por correo electrónico):
Cuestionario 1(JENOFONTE. Helénicas. I.2.4) Cuestionario 2 (JENOFONTE. Helénicas I.2.6)
Semana 4-10 maio:aulacotarelo Grego 2
-tarefa texto en liña 1 e texto en liña 2
-exploración dos recursos da aula virtual, selección e experimentación de dous de cada apartado e valoración no foro correspondente
--------------------------------------------
N.B. CONSULTA MÁIS ABAIXO AS SOLUCIÓNS ÁS TRADUCIÓNS QUE COLGAMOS PERIODICAMENTE
16 MARZO 2020
Estes días podedes aproveitar para ler o tema de literatura adxunto: Drama. Traxedia e Comedia e contestar o control de lectura adxunto.Lembrade que o apartado Traxedia 2) b) consiste en ler os argumentos ou resumos de todas as traxedias conservadas e insertar os títulos nun epígrafe. Le dous ou tres cada día. Non máis.
Tamén teredes tempo para ler a traxedia Edipo Rey e completar a ficha de lectura adxunta.
Para repasar a figura de Xenofonte, a Guerra do Peloponeso e o contido das Helénicas, así como enfocar a tradución dun texto tipo dun xeito diferente podedes contestar os dous tests (test 1 test 2).Para facer o segundo é recomendable ler o libro II das Helénicas e o artigo de Antonio Penadés sobre a figura de Lisandro e o final da Guerra do Peloponeso.
Aquí tedes máis textos das Helénicas con cuestións para traducir. Iremos publicando as solucións periódicamente
E como recomendación xeral empregade de vez en cando o sitio luduslitterarius.net para refrescar a morfoloxía grega