INTRODUCIÓN

É importante o coñecemento dos distintos ámbitos informáticos, así como o uso específico de cada un deles. Trátase de valorar a evolución de as novas tecnoloxías no proceso produtivo, artístico e industrial. En particular faise fincapé na revolución informática no terreo do deseño 3D e as súas implicacións laborais e artísticas. Deberá ser, o alumnado, capaz de deseñar elementos singulares e conxuntos utilizando software específico. Posuír un coñecemento xeral do hardware específico e necesario para o traballo con aplicacións de software 3D. Distinguir correctamente os contidos específicos de cada software gráfico 3D. Posuír unha visión xeral das posibilidades produtivas apoiadas no CAD 3D para os ámbitos industriais e artísticos. Finalmente, deberá esta proposta fomentar e desenvolver, ao igual o fai no CAD (DAO) do 1º curso de bacharelato, a propia capacidade de aprendizaxe, a creación colaborativa e a transversalidade con outras materias afíns (Deseño II, Debuxo Artístico II e Debuxo Técnico II, Tecnoloxías, etc.).

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Os procedementos de avaliación concrétanse en: 

1. A observación do traballo dos alumnos durante as clases. Atención e compromiso coa materia. 

2. A valoración exercicios propostos e realizados na clase, adecuación aos contidos e indicacións do profesor. 

 3. . Valoración dos xercicios voluntarios do alumno realizados na clase aproveitando os tempos de atención aos compañeiros ou se vai máis adiantado.

 4. As probas obxectivas que se realicen, que consistirán na realización de exercicios nos que os alumnos deban utilizar os coñecementos adquiridos.