Apoio á folga de educadoras infantís

Apoio á folga de educadoras infantís do 21 de maio

O alumnado do ciclo de Formación Profesional en Educación Infantil do IES de Chapela solidarízase coas educadoras infantis (0-3) en folga a prol de visibilizar a precariedade laboral na que están mergulladas.

A firma do novo convenio este mércores 22 de maio, no que se perpetúa a súa condición de desvantaxe fronte a outros colectivos cunha formación equivalente, non ten visos de darlles opción a saír a flote.

É por iso que están en loita para reivindicar un salario digno e coherente co seu labor nas escolas infantís, un labor de atención directa ás crianzas, de coidado e acompañamento no proceso de descubrir o mundo das nenas e nenos nun período tan relevante como os tres primeiros anos de vida.

É por iso que desde o IES Chapela nos solidarizamos, pois somos testemuñas do esforzo e a implicación do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil que desexa ser, máis que ningunha outra cousa, educadora infantil.

E porque queremos futuro, somos conscientes de que hai que coidalo desde o aquí e agora.

Por un traballo digno, por unha educación infantil de calidade.

Sororidade!

Solidariedade!

Folga educadoras infantís Folga educadoras infantís