Seguemento FCT Titores - Modelo 27

Na FCT convencional, polo menos en dúas ocasións ao longo do periodo de prácticas, os titores do centro educativo deben visitar ao alumno/a na empresa de prácticas, entrevistarse co titor/a do centro de traballo e cumplimentar conxuntamente o seguinte modelo que avalía aspectos do alumnado en prácticas como a asistencia, puntualidade, iniciativa, traballo en equipo, etc.

No caso de alumnado de Erasmus+, ante a imposibilidade de que os titores do centro educativo fagan as visitas ao alumnado, será o mesmo alumnado quen lle solicite ao titor da empresa de prácticas que cumplimente e asine o Modelo 27. Para iso achégase unha versión en inglés do modelo:

Cando cubrir os modelos?

Dúas veces ao longo do período de prácticas. Orientativamente pódese facer:

  • Ás 2 semanas de ter iniciadas as prácticas, para a detección temprana de posible problemas.
  • Pasada a metade do periodo de prácticas, ao cabo dun mes ou mes e medio, para valorar a evolución do alumnado en prácticas.

Entrega

  1. Descarga o modelo no idioma que mellor se adapte ao titor de prácticas e proporciónallo para que o cumplimente.
  2. Escanea o modelo cumplimentado e asinado e entrégao nesta aula virtual.
  3. Lembra que deberás facer dúas entregas ao longo do periodo de prácticas.