Novidades do sitio

Plan Proxecta Donas de Sí

Plan Proxecta Donas de Sí

por Admin Aula Virtual IES Chan do Monte -
Número de respostas: 0

 

 

Donas de Sí ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Para conseguilo proponse realizar unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) da nosa historia para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.

 

O Proxecto centrase nos seguintes aspectos:

 

- Coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na historia.

 

- Coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na actualidade.

 

- Coñecemento e divulgación do labor das mulleres do contorno do alumnado.

 

Anímovos a todos/as a colaborar.