Taboleiro

DESAFIANDO A PANDORA

A mitoloxía grega cóntanos que cando Pandora abriu a caixa que lle entregara Zeus, os males espalláronse polo mundo. Hoxe, a expresión abrir a caixa de Pandora significa realizar unha acción en apariencia pequena ou inofensiva pero que pode traer consecuencias castrastóficas. O alumnado de 2º de ESO, convídavos a que abrades as súas caixas para descubir os grandes tesouros que nelas se esconden. Quen se atreve?

EXAMES 2020/2021

OFERTA EDUCATIVA DO CHAMOSO PARA O CURSO 2021/2022

 

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)

BACHARELATOS: Científico Tecnolóxico e Humanidades e Ciencias Sociais

RÉXIME DE ENSINANZAS PARA ADULTOS

  • I e II Niveis da ESA en dous cursos
  • Bacharelatos Científico Tecnolóxico e Humanístico Social (semipresencial)

CICLOS FORMATIVOS (OFERTA ORDINARIA), matricúlate aquí

  • GRAO MEDIO:Xestión Administrativa, Eletromecánica de Vehículos Automóbiles, Instalacións Eléctricas e Automáticas
  • GRAO SUPERIOR: Administración e Finanzas

CICLOS FORMATIVOS (OFERTA DUAL) matricúlate aquí

  • GRAO MEDIO: Soldadura e Caldeiraría, Electromecánica de Maquinaria
  • GRAO SUPERIOR: Automatización e Robótica Industrial

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA: Instalacións Electrotécnicas e de Telecomunicacións

SECCIÓN DELEGADA DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE OURENSE: Certificación A1 a C1

Descarga o pdf, pica aquí

 

ROMEO Y JULIETA POR 1º DE BACHARELATO "LITERATURA UNIVERSAL"

O alumnado de 1º de Bacharelato e a sú docente, Paula, están moi orgullosos de presentar a súa producción da obra de William Shakespeare "Romeo y Julieta.

Ben feito!!!!

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Orde do 6 de maio de 2021 onde se regula a participación no fondo solidario de  libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Para alumnado que cursa ESO.

SOLICITUDES: Preferible por vía electrónica en https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou https://sede.xunta.gal/ ou presencialmente na secretaría do centro

Prazo de presentación: dende o 21 de maio ata o 22 de xuño

 

No documento adxunto poderase consultar a información máis importante.

III CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA.- DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS (2020/2021)

Concurso aberto para todo o alumnado do centro: o tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo das matemáticas  nas súas múltiples manifestacións (figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, estatística , azar, etc.) Porén, xa que o Dpto de Matemáticas está a participar no proxecto “Aliméntate Ben”, valorarase a maiores que a foto teña relación coa temática da boa alimentación.  Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías.
Para ler as bases do concurso, pica no enlace!!!!

XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS DA UDC

O xoves 8 de abril, a UDC terá unha Xornada Virtual de Portas Abertas para amosar ao Futuro Estudante a súa ampla oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria.  
 
As videoconferencias serán en liña con chats en directo.

CARTA ECHE.- ERASMUS +

Ao IES Manuel Chamoso Lamas foille concedida a Carta ECHE para o período 2021-2027. Isto permitirá realizar movilidade Erasmus+ de Educación Superior. O noso alumnado de Grao Superior poderá realizar a súa FCT en calquer país da Unión Europea.

Para visualizar o documento pica na imaxe

ROSALÍA SEMPRE VIVA

Vídeo realizado polos estudantes do IES Chamoso Lamas en colaboración coa Biblioteca e os departamentos de Normalización e Gallego.

 

Distribuir contido