CREAcción Día do Libro: “Roteiro pola Vilamorta de Emilia Pardo Bazán”

Seguindo o rumbo marcado polas  Xeografías Lectoras, lema deste ano para as Bibliotecas Escolares de Galicia, no noso centro propuxémonos percorrer a nosa propia xeografía, é dicir, a nosa propia vila, cunha mirada nova… A idea naceu cando o Concello do Carballiño decidiu reeditar o libro de Emilia Pardo Bazán “El cisne de Vilamorta” e regalou ao noso centro varios exemplares do libro.  Neste libro Emilia Pardo Bazán, convertiu a O Carballiño en “a Vilamorta”.  

Foi o alumnado de 4º ESO o elexido para facer a homenaxe a Emilia Pardo Bazán cun roteiro no que o venres 23 de Abril, Día do Libro, percorrimos os distintos lugares que aparecen na novela, e limos fragmentos do libro. 

Aínda que xa vos deixamos un pequeno vídeo-resumo da actividade, recollimos todo o traballo feito no seguinte vídeo xa máis completo e que, por fin, temos editado. 

Agardamos que vos guste!