Skip to Content

Novas

 9/07/21

Hoxe rematou o proceso de selección de aspirantes a cursar o Ciclo Medio de Soldadura e caldeiraría, foron 14 as persoas seleccionadas e cubríronse todas as prazas que se ofertaban.  Parabéns aos seleccionados. O vindeiro 16 de xullo publicarase a adxudicación de prazas e o mesmo día 16 comeza o período de matrícula, que remata ás 13 horas do 23 de xullo.

 

O luns 12 están citados os inscritos no Ciclo Medio de Electromecánica de maquinaria e no Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial para completar o proceso de selección. 

 


 

5/07/21

Rematado o prazo de presentación, foron publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2021/22. Ábrese agora o prazo de presentación de reclamacións contra estas listaxes, ata as 13:00 horas do mércores 7 de xullo.

 

A relación definitiva de solicitantes publicarase o 8 de xullo e do 8 ao 14 establécese o período de selección por parte das entidades colaboradoras.

 

No I.E.S. Manuel Chamoso Lamas impartiranse tres ciclos na modalidade de FP dual. As persoas solicitantes serán convocadas entre o 8 e o 14 de xullo para acudir ao centro e ser entrevistadas polos representantes das empresas colaboradoras.

 

 

 


 

O vindeiro curso ofertaremos no noso centro dous novos ciclos na modalidade de FP dual:

 

 

  

Atención aos  prazos do proceso de admisión !!

 

 


 

17/06/21

O I.E.S. Manuel Chamoso Lamas será o único centro da provincia de Ourense que ofertará o Ciclo Medio de Soldadura e caldeiraría.

 

 

 


 

RECUNCAMOS !!!

O vindeiro mes de setembro comezaremos unha nova edición (terceira consecutiva) do Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial.

 

Atención aos  prazos do proceso de admisión !!

 


 

15/04/21

O vindeiro luns 19 de abril incorporaranse ás empresas os alumnos de primeiro curso do Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial, para continuar a sua formación. O pasado 1 de marzo fixérono os de segundo curso, que en setembro rematarán os seus estudos. 

 


18/03/21

 Seguimos a traballar en prol da FP dual do noso centro:

 

A sanidade urxe formación en equipos de electromedicina.

 


 

O pasado 26 de febreiro tivo lugar unha reunión entre representantes do Concello, do I.E.S. Manuel Chamoso Lamas e das empresas GRI Towers Galicia, S.L. e Talleres Dizmar, S.L. para impulsar a implantación no centro do C.M. de Soldadura e caldeiraría.

 

26/11/20

O vindeiro luns 30 de novembro terá lugar a II Feira (edición virtual) adicada á FP dual que organiza a Cámara de comercio de A Coruña. A Consellería de Cultura, Educación e Universidades estará presente cun stand virtual e participará en varias conferencias.

Toda a información, neste enlace.

 

 


 

Os días 8 e 9 de outubro tivo lugar o VI Foro da Alianza para a FP dual , desta volta en formato online. Este encontro anual sobre a FP dual en España foi coorganizado pola Fundación Bertelsmann e a Cámara de Comercio de España, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

 

A Rede galega de dinamización da FP dual, da que forma parte o I.E.S. Manuel Chamoso Lamas, foi incluída entre 6 iniciativas e proxectos clave da FP dual.

Podes ver aquí a ponencia sobre REGAdual de Xesús Manuel Rodríguez Buján, xefe do servizo de Ordenación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.  


 

O pasado 23 de setembro comezou o curso coa normalidade que permiten as actuais circunstancias.

 

Na nova edición do Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial incorporáronse oito novos alumnos; está previsto que continuen a sua formación a partir de abril en seis empresas. No segundo curso do ciclo continuan os seus estudios sete alumnos.


  20/07/20

 

 Véñense de publicar as listaxes de persoas con praza adxudicada para proxectos de formación profesional dual para o curso 2020/21.

No noso centro foron seleccionadas oito persoas para cursar o  Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial. Parabéns a todas elas, deberán agora matricularse antes do día 27 de xullo ás 13:00 horas.

 

 


 15/07/20

 Hoxe publicáronse as listaxes definitivas de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2020/21.

Finalmente foron 15 as persoas interesadas en cursar o Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial no I.E.S. Manuel Chamoso Lamas. O vindeiro venres 17 de xullo continuarase co proceso de selección por parte das entidades colaboradoras.

 


 9/07/2020

 

Rematado o prazo de presentación, foron publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2020/21. Ábrese agora o prazo de presentación de reclamacións contra estas listaxes, ata as 13:00 horas do luns 13 de xullo.

 

A relación definitiva de solicitantes publicarase o 15 de xullo e do 15 ao 17 establécese o período de selección por parte das entidades colaboradoras.

 

Houbo 14 solicitudes para cursar o Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial no I.E.S. Manuel Chamoso Lamas. As persoas solicitantes serán convocadas entre o 15 e o 17 de xullo para acudir ao centro e ser entrevistadas polos representantes das empresas colaboradoras.

 

 


 24/06/2020

 

 

 

En setembro comezará a impartirse no noso centro unha nova edición do Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial na modalidade de FP dual.

 

Serán 11 alumnos os que poderán cursar este ciclo. Atención aos prazos do proceso de admisión !!! 

 

 


 20/06/2020

Publicado o calendario de admisión a ciclos de formación profesional e FP dual para o curso 2020/2021. Prazo de presentación de solicitudes do 25 de xuño ás 9.00 ao 8 de xullo ás 13.00 horas.

 

Consulta aquí as principais datas do proceso de admisión á FP dual.

 

 


 18/06/2020

Outro dos nosos alumnos incorporarase o luns 22 de xuño á empresa Inplasor Galicia, S.L. para comezar  o seu período de formación na empresa.

 


 

 

 Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual. Consulta aquí a convocatoria.

  


 18/05/2020

O día 1 de abril era a data prevista para que os alumnos do Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial comezaran a sua estadía nas empresas. Logo de ter que ser suspendida dita incorporación pola situación creada pola pandemia do Covid-19, o pasado xoves 14 de maio principiaron dous alumnos o período de formación na empresa Gri Towers Galicia, S.L. Hoxe, luns 18, farano tres alumnos máis na empresa Aceites Abril, S.L. e outro na empresa Robimat Sistemas, S.L.

 

Outros catro alumnos terán que agardar a que as circunstancias permitan o inicio das suas prácticas.

 

 



page | by Dr. Radut