Iniciar sesión: Acceso

» Os Blogs do Chamoso

 
 

Descubrindo o FÚTBOL GAÉLICO no Chamoso Lamas?

No noso IES temos a sorte de contar co profesor de inglés Carlos Seco, que non só é un bo xogador de fútbol gaélico, se non que foi un dos pioneiros deste deporte en Galicia, alá polo ano 2010, cando con outros mozos e mozas da Coruña fundou o primeiro club de fútbol gaélico galego, os Fillos de Breogán. Carlos foi adestrador do seu club, foi o primeiro seleccionador galego... Entón, como non aproveitar os seus coñecementos para darlles unha clase diferente aos nosos estudantes de 3º e 4º da ESO. Un deporte ata agora descoñecido por eles, pero que sen dúbida suscitou unha grande curiosidade e que lles encantou a todos. As clases foron moi didácticas e divertidas, e os nosos rapaces e rapazas quedaron moi satisfeitos coa dinámica deste novo deporte. De feito todos e todas quedaron con ganas de repetir. Moitas grazas ao departamento de Educación Física por coordinar a actividade, que agardamos facer extensiva a outros grupos no futuro. Agora...a practicar o fútbol gaélico!

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Fútbol Gaélico
Archiviato in: